MONDOÑEDO (Lugo), 11 de novembro de 2016. A portavoz do Partido Socialista de Mondoñedo Esperanza González acusou á Alcaldesa de Mondoñedo “de non defender os intereses dos mindonienses”, en torno a cesión do Barrio Vilar, onde o Concello ten investido máis 1.5 millón de euros de diñeiro público. Advirte ademais que este novo acordo non conta con ningún informe xurídico, nin do Secretario, nin de ningunha outra índole.
A voceira socialista afirma que coa aprobación da Addenda, aprobada solo polo PP, o Concello queda en inferioridade, algo que prexudica directamente os intereses de todos os veciños de Mondoñedo, xa que queda en inferioridade de condicións, con respecto ao asinado inicialmente. Denuncia que o documento asinado por Candia non respecta a filosofía da cesión orixinal da escritura do ano 2003, xa que non reflectía a participación dos cedentes nun 50% da renda pola explotacións dos bens do Vilar.
González advirte que segundo consta, na nova proposta asinada, no punto cuarto, a familia poderá solicitar a reversión automática do inmoble, e a reversión da propiedade dos bens e dos inmobles cedidos con todos as súas accesións e melloras, libres de calquera tipo de cargas. Ademais, e segundo consta na citada sinatura, no mesmo punto 4, calquera dos cedentes ou dos seus herdeiros, poderán dirixirse directamente ao Concello, comunicando de forma fehaciente a existencia da reversión automática.
A voceira socialista acusa a Candia de pasar olimpicamente dos acordos aprobados no Pleno do concello, o pasado 29 de marzo de 2016, no que se acordaron varios modificacións á ADDENDA , e que non aparecen na nova proposta asinada. Sinala que esas modificacións son; que non podería haber unha reversión automática, xa que habería que discutila coas partes, e outra relacionada coa reversión, e na que se precisaba que a reversión deberían de solicitala TODOS OS HERDEIROS, e non como establece o novo acordo, onde se explica que pode solicitalo calquera deles.
González afirma que esta nova cesión do PP “altera as condicións asinadas inicialmente no ano 2003, onde segundo consta na escritura, a habilitación da zona será destinada para usos turísticos de carácter rural, e en particular para a construción dun centro de interpretación da Prehistoria”. Centro que a dia de hoxe xa esta feito, como se pode constatar e verificar.
Ademais o Goberno de Candia gastou máis de 200 euros, nun anuncio nos medios para promocionar as visitas a este centro de Reinterpretación. Anuncio que foi aprobado na Xunta de Goberno do pasado 21 de setembro de 2015. Polo tanto entendemos que o pago desta publicidade é unha proba máis da realización desta infraestrutura. Explica ademais que “xa estaba aberta ás visitas que o solicitaban, e tamén aos centros de ensino de Galicia”.
Así as cousas González remarca que é falsa a premisa que aparece asinada na nova Addenda na que se constata que non se cumpriu a condición da construción do Centro de Reinterpretación.
E sobre sobre as herdanzas señora Candia é mellor que non falemos, porque senón teremos que aludir ao montón de millóns de débeda que deixou pendente o seu Partido neste Concello, e máxime cando vostede formaba parte desa corporación.

















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



