O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, asinou este luns con Alcaldes da provincia convenios mediante os cales o Goberno Provincial acorda inxectar outros 2,3 millóns nos Concellos, neste caso nun total de 14 municipios, co obxectivo de mellorar servizos públicos municipais en zonas rurais.
Campos Conde destacou que “queremos unha Deputación co rural, unha Deputación social e unha Deputación coas persoas, que atenda ás necesidades de cada un dos máis de 350.000 veciños da provincia. Por este motivo, estamos a financiar cuns 10 millóns de euros actuacións nos 67 Concellos da provincia mediante os convenios de colaboración cos municipios que cada semana aprobamos en Xunta de Goberno”.
Con convenios aprobados hoxe con 14 Concellos, o Goberno Provincial acorda financiar melloras en abastecementos de auga, en estradas ou en accesos duns 70 núcleos rurais, así como arranxos de instalacións públicas municipais como auditorios, piscinas, pavillóns polideportivos e mesmo consistorios. O conxunto destas actuacións benefician, directamente, os máis de 51.200 veciños destes 14 municipios lugueses.
– Begonte: o Goberno da Deputación achega 72.000 euros para a rehabilitación do Consistorio.
– Cervantes: 150.000 euros para arranxo de vías municipais moi transitadas, ao conectar a localidade de Cervantes con núcleos rurais do municipio. Son as estradas de Sevane a Quindous, e de Degrada a Vilar de Mouros, así como dos accesos a Cabanas antigas.
– O Corgo: 218.500 euros para novas actuacións na Praia Fluvial do Chamoso.
– Pantón: 60.000 euros para mellorar o abastecemento de auga en 5 núcleos rurais: Guítara, Toldaos, Curro, Verdeal e Goyán.
– Láncara: 150.000 euros para o acondicionamento de estradas e accesos municipais a 10 núcleos rurais: Vilarello, Armeá de abaixo, Ronfe, Sobrerriba, Busto-Cedro, Armada. Villouzan, Cabezais, Louseiro-Toldaos, Monseiro.
– Cospeito: 481.741 euros para mellorar as redes de abastecemento de auga de 12 núcleos rurais: Desecavo, O Sumiero, Millarada; Monte, Toxar, Ponte Vilar, O Calvario, Sisto, O Rego, Grandela, Casás e Santalla.
– Lourenzá: 150.400 euros para o acondicionamento dun treito do Camiño, que vai de Zapateiro a San Adriano.
– Ourol: 144.000 euros para o arranxo do pavillón polideportivo municipal; a mellora da canalización de auga da Casa Consistorial; e o acondicionamento de vías e accesos municipais a 6 núcleos rurais: Miñozos, Xerdiz, San Pantaleón, Bravos, O Sixto e Ourol.
– Ribadeo: 60.000 euros para mellorar o auditorio municipal Hernán Naval.
– Alfoz: 150.000 euros para mellorar a ETAP e accesos municipais a 6 núcleos rurais: Airas, Pereiro, Lagoa, Castro, Carballido e Bacoi.
– Navia de Suarna: 119.000 euros para o arranxo e sinalización de vías e accesos municipais a 24 núcleos rurais: Figueira, Signada, Enbernallas, A Ribeira, A Blasa, Rao, Aigas, Freixis, Vallo, Vilor, Villarin, Cernada, Tabillón, Trabadelo, Traserra, O Vilar, Son, Robledo de Son, Coea, Penamil, Cantorcia, Ribón, As Covas e Barcia.
– Trabada: 150.000 euros para mellorar a estrada municipal que une Trabada con Barreiros e Ribadeo, pasando polos núcleos rurais de Fórnea, Vidal e Valboa, no municipio trabadense.
– Sarria: 235.500 euros para o arranxo da Ponte Ribeira, melloras na piscina municipal e no Consistorio, e organización de actividades educativa e culturais.
– Pedrafita do Cebreiro: 120.000 para adquisición de maquinaria coa que mellorar estradas municipais e para a organización de actividades en impulso do sector gandeiro.





















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



