O Balonmán Galipizza Viveiro sumou a súa terceira vitoria en Liga diante dun Balonmano Ferrolterra que non opuxo demasiada resistencia no Municipal: 39-20. Os viveireses xa vencían por once tantos no descanso: 19-8.
O conxunto da cidade do Landro viviu un partido plácido o pasado sábado. Diante dun Ferrolterra que chegou moi mermado a Viveiro, os locais non desaproveitaron a ocasión de seguir medrando no seu xogo e, ao igual que sete días antes, todos os xogadores de campo foron quen de anotar. Tamén foi salientable a actuación do porteiro Peña, que tivo moito acerto á hora de deter os lanzamentos exteriores dos ferroláns, e o regreso do lateral Champi, que se reincorporou ao equipo despois de que por traballo non puidera empezar a tempada cos seus compañeiros.
A oposición visitante durou 20 minutos. Un parcial de 9-3 no último terzo do primeiro período rematou coas esperanzas dos departamentais e pasou dun 10-5 a un clarificador 19-8. O guión non cambiou moito no segundo tempo, cos de Javi Villares aumentando a súa renda paulatinamente ata deixala no 39-20 final.
O Galipizza Viveiro xa prepara desde hoxe a visita á cancha do Lucus este vindeiro sábado (Casa do Deporte, 18:30 horas), no que será o primeiro derbi provincial desta campaña. Os lugueses son sétimos e veñen de gañar na cancha do Xallas de Santa Comba (26-29) o seu primeiro partido na competición ligueira.
BALONMÁN GALIPIZZA VIVEIRO (39): Peña e Emilio; Jose Labaén (3), Antón (4), Carlos (2), Javi Villares (4), Jose da Silva (3), Villares (3), Fede (2), Turbo (4), Andrés (2), David (4), Sanjurjo (3), Champi (3), Jacobo (1) e Aitor (1).
Exclusións: Carlos (2) e Champi (2).
BALONMANO FERROLTERRA (20): Rico e Sanesteban; Aneiros (4), Javier (3), Antonio (2), Bermejo, David (1), Enrique, Hadrián, Gayoso (7) e Joaquín (3).
Exclusións: Gayoso (2) e Joaquín (2).
Árbitros: Julio López e Manuel Docampo.
Incidencias: Uns 100 espectadores no Municipal de Viveiro.





















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
