Foz, 16 de novembro de 2016. Empresarios focenses asistiron este mércores na Casa da Cultura a un Taller de Emprendemento e Creatividade Tecnolóxica, organizado pola Federación Galega de Comercio e a Dirección Xeral de Comercio. A iniciativa contou coa colaboración do Centro Comercial Aberto de Foz. Os encargados e presentar o taller foron os presidentes da Federación Galega de Comercio e do CCA focense, José Mª Seijas e José Carlos Paleo. Este talleres, que deron comezo en Foz, seguirán ao longo das vindeiras semanas en O Barco, Sarria, Betanzos ou Redondela, entre outras vilas galegas.
Como poñentes interviñeron a directora xeral de Comercio, Sol Vázquez; a inspectora do Instituto Galego de Consumo Mª Montserrat Rodríguez; de Medios de Pago e Desenrolo de Negocio de ABanca participou Miguel Ángel Bermúdez; e Susana Basanta, de Vagaluz, firma implantada desde hai algún tempo en Foz.
Sol Vázquez na súa intervención fixo fincapé na importancia que ten a presenza do comercio nas redes sociais: “estamos diante dunha nova maneira de comprar e debemos ter presente o potencial de ventas e crecemento que as firmas poden rexistrar a través das redes sociais. Na venta online non hai fronteiras”. A directora xeral de Comercio subliñou que “na pasada campaña de Nadal o 20% das compras realizadas durante esas datas fixéronse a través de internet”.
Mª Montserrat Rodríguez, pola súa banda, centrou a súa exposición nalgúns consellos para o comercio, para os locais e tamén para os seus clientes. A inspectora do Instituto Galego de Consumo falou da necesidade de ter nun lugar visible as follas de reclamación, así coma a obriga de ter que darlles resposta nun prazo de 30 días, desde a súa presentación: “no lugar de maior concorrencia de pública deben estar colocados os carteis anunciados en varios idiomas: galego, español e inglés”. Sobre os prezos referiuse aos prezos por unidade de medida (en supermercados, perfumerías…), á necesidade de que o prezo inclúa a cantidade total que hai que pagar por un articulo (Ive incluído), os prezos por servizo que deben ter á vista algúns locais comerciais ou os medios de pago e devolucións. “O importante é que o cliente estea ben informado, e que non teña necesidade de entrar na tenda para coñecer todas estas cousas”, dixeron Sol Vázquez e Mª Montserrat Rodríguez.
Neste taller de emprendemento e creatividade tecnolóxica participou Miguel Ángel Bermúdez, de Medios de Pago e Desenrolo de Negocio de ABanca, que insistiu en que os bancos están para axudar tanto ao comerciante coma ao comprador. Falou das novidades tecnolóxicas de pago que se están a implantar nas cidades e que tamén están a chegar a vilas máis pequenas. Puxo como exemplo que un cliente pode pagar con tarxeta as súas compras, sen necesidade de pedir que lle apracen os pagos na tenda, xa que agora pode facelo a golpe de teléfono móbil e de ordenador desde a súa casa.
Finalmente Susana Basanta, de Vagaluz, tenda de roupa de nen@s implantada en Foz desde hai uns meses contou a súa experiencia coa venta online. Dixo que o 60% das súas ventas fanse a través de internet e que incluso algúns articulos van para Estados Unidos, de aí que estea a pensar en traducir a súa páxina web. Fixo alusión á necesidade de ofrecer aos clientes diversas formas de pago a través das redes sociais e referiuse á necesidade de investir en publicidade en Google para situarse nos seus ránkings de saída e así estar o máis visible posible en internet. Para Susana Basanta o comercio online esixe dedicación as 24 horas dos 365 días do ano. Segundo indicou Vagaluz conta con 50.000 visitas nas súa páxina web e miles de seguidores e me gustas nas súas redes sociais, “algo que é moi bo, non só para o seu comercio, senón para Foz e para o resto dos locais e establecementos, porque nos sitúa a todos no mapa”, apuntou o presidente do Centro Comercial Aberto, José Carlos Paleo.
Este taller contou coa asistencia do alcalde, Javier Castiñeira, que deu a benvida e dirixiu unhas palabras aos asistentes.




















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



