Lugo, 24 de novembro de 2016.- O voceiro de En Marea, Luís Villares, mantivo este xoves unha xuntanza co sindicato CIG-Xustiza de Lugo para recoller as súas demandas relativas ao colapso dos Xulgados de Lugo e tamén para informalos de que para En Marea os Xulgados do Social serán unha prioridade, pois son os que tutelan os dereitos dos traballadores e traballadoras. Villares tamén informou da Proposición Non de Lei presentada este xoves no Parlamento de Galicia para esixir a creación urxente de tres xulgados do Social en Galicia.
En Marea sintoniza coas reclamacións das forzas sindicais do ámbito da xustiza, que denuncian a necesidade de crear novos órganos xudiciais e ao mesmo tempo reforzar o persoal dos Xulgados. Quéixanse de que no caso de Lugo, o colapso xudicial está provocando que moitas persoas do sur da provincia opten por presentar as súas demandas nos xulgados de Ourense, menos conxestionados.
“A particular situación dos xulgado do Social é totalmente inaceptable a vulneración do dereito de tutela xudicial efectiva que se produce cando temos un retraso á hora de dispensar xustiza a quen o necesita” sinalou Luís Villares que destacou que precisamente sexa a xurisdicción na que se ventilan os dereitos dos traballadores e traballadoras a que peor está funcionando. “É indispensable que se creen fr goovas unidades xudiciais completas en Lugo en Santiago e en Vigo, pois as reformas laborais fixeron aumentar moito a litixosidade neste campo e non é de recibo que un traballador teña que agardar dous anos por unha sentenza”, engadiu.
Villares puxo como exemplo do colapso xudicial os tempos de espera nos diferentes órganos. “En Lugo un traballador ten que agardar dous anos por unha sentenza e en Santiago unha cuestión tan relevante como unha incapacidade laboral está tardando tres e anos e medio en ser vista, como xa denunciou o Colexio de Avogacía”, concluiu.
Concentración contra a LOMCE
Trala xuntanza cos representantes sindicais da xustiza, o voceiro de En Marea trasladouse ata a Praza Horta do Seminario para participar da manifestación contra a LOMCE e as reválidas.
“EN Marea dende o primeiro momento aopoiamos estas mobilizacións, pois consideramos que é unha lei reaccionaria, centralizadora e desgaleguizadora e que pretende un sistema educativo baseado na competitividade e non na cooperación”, sinalou Luís Villares, que se amosou convencido de que a presión social conseguirá derrogar a lei.

















O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.



