Lugo, 24 de novembro de 2016. O BNG trasladará unha iniciativa para ser tratada no Pleno da Deputación de Lugo na que se pedirá que o organismo provincial inste á Consellería e Ministerio de Xustiza así como ao Consello Xeral do Poder Xudicial a creación de xeito inmediato dun cuarto xulgado do social na provincia de Lugo. “Segundo os ratios que manexa a administración de xustiza Lugo tería que contar con catro xulgados do social para atender o crecente número de asuntos que se dirimen por esta vía” informou o voceiro nacionalista.
Dende o BNG reclámase, tamén que mentres non se concrete a creación deste cuarto xulgado do social en Lugo, se proceda ao nomeamento urxente dun/ha maxistrado/a de reforzo para estes xulgados. Ferreiro sinalou que “o BNG está a apoiar incondicionalmente a campaña inciada pola CIG con este fin” e sinalou que “é un problema que fundamentalmente lle afecta á clase traballadora, se o perxuizo fora para o empresariado xa estaría solucionado”.
Xosé Ferreiro explicou que “mentres en Ourense se están sinalando xuizos nun prazo de 20 días en Lugo estase tardando ata 2 anos, as demandas de traballadores estanse sinalando agora mesmo para decembro de 2018”. Este tipo de retrasos provoca que moitas demandas non se presenten, pois vense obrigados a aceptar o que lles dan porque non poden esperar 2 anos para cobrar. Ferreiro sinalou que “outros xulgados que tamén están saturados si se reforzaron. Os que tratan os problemas das traballadoras non.”
Os xulgados do social aténdense reclamacións laborais como despidos e tamén as demandas a SS, como por exemplo as incapacidades. Segundo o Consello xeral do Poder Xudicial, o módulo de asuntos de entrada para a xurisdición social está en 850 asuntos. No caso dos xulgados do social de Lugo xa chegou aos 940, número moi superior ao de Ferrol, Ourense e Pontevedra, que non chega ou están próximos a esa cantidade fixada polo CXPX. No caso de Santiago ou Vigo, que teñen cifras un pouco superiores, son compasados con reforzos neses xulgados do social.
Esta situación leva consigo que o número de caso rexistrados e sen solucionar nos xulgados de Lugo sexan totalmente insoportábeis. Así, os xulgados do social números 1, 2 e 3 de Lugo tiñan respectivamente 488, 485 e 487 asuntos pendentes sen resolver no mes de xuño deste anos 2016 e están a sinalar xuízos neste momento para decembro de 2018 respectivamente, con máis de dous anos de espera, e aumentando de día en día.


















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



