Foz, 25 de novembro de 2016. Este venres celebrouse un acto en homenaxe ás vítimas da violencia de xénero diante da Casa do Concello de Foz, onde se descubriu unha placa.
Para participar nesta actividade ata a Casa do Concello focense achegáronse representantes de asociacións, concelleiros e concelleiras, así como outros veciños e veciñas. No transcurso do acto o alcalde, Javier Jorge Castiñeira, reflexionou sobre este tipo de violencia e os recursos que temos para afrontala. A concelleira socialista Vanina Cabrera e representantes das asociacións de viúvas, Afammer e amas de casa de Foz leron textos sobre a necesidade de loitar contra violencia de xénero con decisión.
Como fin do acto descubriuse unha placa que homenaxea ás vítimas da violencia de xénero situada na fachada da Casa do Concello, “para simbolizar a visibilidade que lle debemos dar a este gran problema, á vez que rendemos homenaxe ás vítimas”.