A Universidade de Alacante comezou dominando o partido ante o Pescados Rubén Burela, nun envite onde as locais poñían en xogo a súa imbatibilidade. Paula Morote e Mónica Castillo poñían as primeiras ocasións a favor da UA pero estrelábanse co bo facer baixo paus de Jozi e dun Pescados Rubén Burela moi centrado en labores defensivos.
O conxunto lucense tamén buscaba sorprender ao contragolpe, pero o marcador non se movía ata que, aos 17 minutos de partido, logo dunha boa combinación, Melli poñía o 1 a 0 para as locais, pouco despois dun balón ao pau de Ángela. Non tardaba en reaccionar o Pescados Rubén Burela que a pouco máis dun minuto do descanso igualaba o choque cunha falta directa anotada por Cilene. A UA proseguiu arriscando no tramo final do período pero sen acerto na finalización. Xa na segunda parte, as universitarias seguían mantendo a iniciativa no partido, ante un Pescados Rubén que intentaba equilibrar o xogo aumentando a intensidade na súa presión en tres cuartos de cancha.
A cinco minutos da conclusión, Sara de potente disparo á saída dunha falta poñía o 2 a 1 para as universitarias que obrigaban ao Burela a optar polo xogo de cinco no tramo final do choque. Baixo esta premisa táctica chegaría a sentenza en forma de gol de Sara Navalón desde cancha propia, tras roubo de balón, para facer o 3 a 1 a porta baleira e outorgarlle os tres puntos ás levantinas.
Universidade de Alacante: Jennifer; Lara, Melli, Pao e Ángela (quinteto inicial). Tamén xogaron, Mónica, Sara, Morote, Anita, Elena e Anna Riera.
Pescados Rubén Burela: Jozi; Dany, Bea Mateos, Cilene e Shiori (quinteto inicial). Tamén xogaron, Silvia, Betim, Lara, Elvira.
Goles: 1-0, min.17, Melli; 1-1, min.19 Cilene; 2-1, min. 35 Sara; 3-1, min. 39 Sara Navalón.
Pabellón Universidade de Alacante. 350 espectadores.
Árbitros: Jesús Martínez e David Sansano do colexio valenciano. Amosaron cartón amarelo Paula Morote na UA.
* Fonte: Gustavo Voces. ACFSF





















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
