Cervo, 2 de decembro de 2016. A sección de baloncesto do Club Deportivo San Ciprián e o Concello de Cervo organizan unha recollida de alimentos e xoguetes na II Canastra Solidaria, evento que se celebrará o día 18 deste mes, domingo. Foi presentado cun acto no que estiveron o alcalde, Alfonso Villares; a concelleira de Cultura, Dolores García; o edil de Deportes, José Ramón Soto; monitoras da sección de baloncesto do CD San Ciprián e o equipo base deste deporte.
José Ramón Soto anunciou hoxe que “a sección de baloncesto do Club Deportivo San Ciprián e o Concello de Cervo organizan, por segundo ano consecutivo e despois do éxito obtido na primeira edición, un acto de recollida de alimentos e xoguetes denominado Canastra Solidaria e que se celebrará o vindeiro 18 de decembro no pavillón da Veiga, de San Ciprián. Para este acto solidario cóntase coa colaboración do Centro San Aníbal, Cruz Roja e o Club Estudiantes de Lugo”.
O concelleiro de Deportes explicou: “aproveitase esta xornada nestas datas tan entrañables na que a solidariedade emerxe dun xeito especial, sendo o noso obxectivo a recollida de alimentos non perecedoiros e de xoguetes, que serán entregados na súa totalidade ó Centro San Aníbal e a Cruz Roja. De xeito complementario tamén se contará coa colaboración do supermercado Familia, de San Ciprián, onde se habilitarán uns carriños da compra xunto as caixas de pago para que neles se poidan depositar alimentos e xoguetes”.
Soto engadiu que “os actos do día 18 no pavillón da Veiga darán comezo ás 16:30 horas, xornada para a que o Club Baloncesto San Ciprián e o Concello de Cervo organizarán xogos de canastra para os nenos e nenas, contacontos, pintacaras e globoflexia. A partir das 19:00 horas disputarase un partido de Segunda División Infantil masculina entre os equipos Distribuciones Carreiras CD San Ciprián e Estudiantes Leyma Natura 03, de Lugo. Durante toda esta xornada poderase facer entrega de alimentos e xoguetes no pavillón da Veiga. Tanto dende o Concello de Cervo como dende o Club Deportivo San Ciprián queremos facer extensiva esta información a toda a poboación así como dar as grazas por adiantado pois esperamos que se repita o éxito do ano anterior”.






















Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.



