Santiago, 3 de decembro de 2014.- A Consellería de Infraestruturas e Vivenda investirá en Lugo máis de 122,7 euros por habitante no ano 2017, o que supón unha achega importante no próximo exercicio. O departamento que dirixe Ethel Vázquez reserva nos Orzamentos da Xunta para 2017 máis de 43,8 millóns de euros para a provincia luguesa.
Nas competencias desta Consellería na Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), o capítulo neste departamento será o que máis orzamento recibirá na provincia de Lugo, destinándose case 34 millóns de euros a actuacións que redundarán na mellora e mantemento da rede de estradas autonómicas nesta zona.
Así, a AXI traballará no acondicionamento da estrada LU-124; Lindín-Cruz da Cancela e Riotorto-Navia, onde se investirán case 900.000 euros, así mesmo, destina unha partida para a conversión en autovía o corredor de Nadela-Sarria. O Goberno galego fará un especial esforzo na VAP Costa Norte, concretamente á Variante de Viveiro, que se inclúe no orzamento de máis e 2,7 millóns.
As actuacións de conservación ordinaria e vialidade invernal obterá unha especial dedicación por parte do Executivo autonómico, posto que se investirán máis de 7 millóns de euros, xa que este ámbito continúa a ser unha prioridade entre as liñas de acción do Goberno galego.
A Consellería de Infraestruturas e Vivenda investirá 5,8 millóns en reforzos de firme e actuacións en travesías nesta provincia.
Así mesmo, nos presupostos derívanse partidas para a execución de sendas peonís e ciclistas, con máis de 1,5 millóns de euros; para o Plan Paradai; para a mellora no eixo Begonte-Friol-Palas; e para mellora da seguridade vial e integración paisaxística do Camiño de Santiago, todos estes son algúns dos obxectivos da AXI para o 2017 .
Vivenda e solo
O Goberno galego destinará preto de máis de 9 millóns ao eido da vivenda e o solo nesta provincia, potenciando o programa Rexurbe, con máis de 1,7 millóns de euros, centrándose en Lugo e en Mondoñedo; tamén son parte dos orzamentos da Xunta os incentivos para facilitar o acceso ao solo empresarial, en zonas como Taboada, Quiroga e Monforte de Lemos, onde se destinarán máis de 1,3 millóns..
A rehabilitación será estratéxica para a Xunta no próximo ano, ao considerar que é un dos sectores que máis postos de traballo xera por euro investido, polo que o executivo aportará a este eido, case 4 millóns de euros.
Mobilidade
A Dirección Xeral de Mobilidade, no vindeiro exercicio, daralle un pulo as paradas e arranxos nas estación de autobuses e potenciarase o transporte metropolitano na provincia.
No que se refire ao eido do transporte, a Xunta tamén fará unha achega para a intermodal de Lugo, á que se lle outorga unha partida que non existía en anteriores orzamento; e o desenvolvemento e integración dun sistema de xestión de transporte á demanda na Comunidade autónoma de Galicia.




















Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



