Lugo, 14 de decembro de 2016- O subdelegado do Goberno, Ramón Carballo, xunto ao coronel xefe da Comandancia da Garda Civil en Lugo, Miguel Ángel González Arias, e o tenente xefe da Sección do Seprona, Carlos Rodríguez, presentaron este mércores tres novas motocicletas que se veñen de incorporar ao parque móbil da Garda Civil de Xove.
Trátase de tres motocicletas tipo todoterreo (da marca Yamaha, modelo WR 250 cc) que o Organismo Autónomo de Parques Nacionais, dependente do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e Medio Ambiente, vén de poñer a disposición das patrullas do Servizo de Protección da Natureza (Seprona) da Garda Civil de Xove para reforzar a vixianza e protección dos espazos naturais, especialmente dos enmarcados na Rede Natura 2000. Estas motocicletas forman parte dun paquete total de 17 que se veñen de entregar para vixiar espazos protexidos en dez provincias españolas.
O subdelegado do Goberno, Ramón Carballo, agradeceu a entrega destes vehículos por parte do Organismo Autónomo de Parques Nacionais e salientou que, deste xeito, se dota á Garda Civil de “ferramentas adaptadas ás súas necesidades” para poder desenvolver “de xeito eficaz a inspección, control e denuncia de actividades ilícitas que poñan en perigo o noso patrimonio medioambiental”. A incorporación destas motocicletas, engadiu, “repercutirá de xeito moi positivo na calidade do servizo que presta o Seprona”.
PREVENCIÓN DOS DANOS AMBIENTAIS
O Servizo de Protección da Natureza da Garda Civil leva a cabo un importante labor para a protección e conservación da natureza e o medio ambiente, os recursos hidráulicos e a riqueza cinexética, piscícola e forestal. Esa encomenda implica, por un lado, levar a cabo un labor preventivo, para protexer e preservar a natureza e, por outro, (e precisamente a raíz desa labor preventiva) posibilita a detección, persecución, investigación e denuncia, no seu caso, dos feitos ilícitos que poden danar o medioambiente.
No acto celebrado esta mañá fíxose un repaso polos numerosos servizos prestados ao longo deste ano pola patrulla do Seprona en Xove, posta en marcha no ano 1999, destacando os relativos a vixianza e control do furtivismo, do transporte de pescado por estrada ou da pesca mariña, a vixianza do patrimonio histórico e cultural, a prevención e investigación de lumes forestais así como a vixianza e control de residuos.
Ademais de en Xove, o Seprona conta na provincia con outras patrullas en Lugo, Baralla, Monforte, Ribadeo e Vilalba, ademais dun Equipo de Investigación.



















Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.



