O Concello de Xove ven abordando dende hai anos a recuperación de elementos arquitectónicos tradicionais e, dentro deles, as nosas fontes, son centro de especial atención, como é o presente caso, no que unha das fontes máis antigas e con maior uso do noso Concello, a FONTE MAIOR DE VILACHÁ, foi obxecto dunha importante renovación.
Esta fonte, que presentaba unha dobre estructura xa que incluía fonte e lavdoiro, estaba cuberta co fin de poder realizar labouras na mesma durante todo o ano. Nos últimos anos a fonte foise deteriorando progresivamente, a estrutura que a recubría prácticamente desapareceu e o lavadoiro atopábase totalmente inservible. Todas estas razóns levaron ao Concello a deseñar un plan integral de recuperación da fonte (fonte máis lavadoiro) e tamén o seu contorno, xa que se habilitou un cómodo acceso á mesma.
Os traballos realizados consistiron na limpeza dos distintos elementos pétreos, cando estes presentaban boas condicións, como no caso da fonte. En canto ao lavadoiro e a cuberta, prácticamente houbo que realizalos de novo, iso sí, seguindo a tipoloxía tradicional e con elementos e materiais autóctonos, respectando sempre o espíritu pre-existente.
O investimento total da obra foi de 27.588,10 €uros, dos cales o Fondo de Compensación Ambiental da Xunta de Galicia aportou 16.795,42 €, sendo o resto por conta do noso Concello.
A renovación desta fonte súmase á recuperación do patrimonio arquitectónico que o Concello de Xove ven realizando progresivamente nos últimos anos e que tamén abrangue outros elementos coma muiños (posta en valor dos mesmos coa creación da Ruta dos Muiños da Rigueira), edificios relixiosos e o seu contorno (por por un exemplo, teríamos a Igrexa de Xuances), e un longo etc.
Dende o Concello considéranse importante estas actuacións, e tamén prioritarias, xa que, de non actuar a tempo, moitas destas arquitecturas rurais perderíanse para sempre; non cabe dúbida que un dos deberes de calquer administración, e neste caso a local, é a de preservar o noso patrimonio e transmitilo nas mellores condicións para as xeneracións vindeiras.
Por suposto, non nos olvidamos da parte práctrica da obra, xa que a partires de agora tódolos veciños de Vilachá e o seu contorno poderán disfrutar desta Fonte Maior. O mellor mantemento para preservar este conxunto para o futuro será o seu uso contínuo por parte dos veciños e veciñas.





















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



