Tras o histórico pase a semifinais de Copa do Rei deste mércores ante Gran Canaria FS, o Pescado Rubén Burela FS xa está no último destino do o seu tour particular en 6 días; mañá medirase na 11ª xornada de liga ao Catgas Energía (21.00 horas, Esport3 en directo) en busca da terceira vitoria en menos dunha semana e a sexta consecutiva. “Compensaremos o cansazo con ganas e ilusión, ademais da confianza que nos deron as dúas vitorias seguidas nas illas” explicaba o laranxa Joan Miñano, protagonista por partida dobre onte, que ademais de defender a rede mariñá sentenciou o resultado con 2-4 definitivo na recta final do encontro.
O gardameta catalán mostrou unha “satisfacción enorme” polo seu papel na cita copeira encomiando a capacidade de serenidade e paciencia do equipo: “Soubemos aguantar nunha primeira parte que nos custou moito, condicionados polo resultado favorable de liga tan só catro días antes, cun rival que soubo apertar”. Con poucas horas de celebración, o conxunto galego subiuse ao avión rumbo a Barcelona ás 7.00 da mañá para recalar na terra do 20 laranxa. “Volver a esta pista é para min moi especial, onde xoguei desde os 9 anos. Aproveitarei para ver a familiares e amigos tamén, claro”, explicaba Miñano.
Desde a novena praza (15 puntos), o Pescados Rubén medirá a súa boa etapa numérica e anímica a un sólido Catgas Energía, que non coñece a derrota no seu feudo; ocupa a cuarta praza (20 puntos) e chega coa espiña de quedar apeado de Copa do Rei, logo de encadear as vitorias ligueiras fronte a Canarias (5-3) e Santiago Futsal (3-7). “Creo que a nosa baza será a solidez en defensa. Catgas ten un ataque moi efectivo; se conseguimos defender ben como equipo poderemos facer moito dano á contra”, advertía o meta mariñán.
A expedición burelista, que adestrou esta tarde en Santa Coloma, non terá cambios con respecto aos dous compromisos anteriores, cos canarios: 5. Iago Míguez, 7. Isi, 9. Iago Rodríguez, 10. Matamoros, 12. Petry, 13. Álex, 18. J. Bellvert, 20. Miñano, 21. Cuco, 23. Antoñito
Sorteo de Copa do Rei
O cadro mariñán coñecerá a identidade do seu rival na primeira semifinal da historia laranxa o vindeiro martes, 20 de decembro, entre Levante UDDM, Magna Gurpea e ElPozo Murcia, que se impuxeron a Jaén Paraíso Interior (4-1), Valdepeñas (2-7) e Catgas Energia (3-5). A ida está programada para o 18 de xaneiro e a volta para o 8 de febreiro.






















A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
Os senadores do PP por Lugo, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano, xunto co portavoz de Interior do Grupo Parlamentario Popular no Senado, Luis Santamaría, mantiveron unha reunión no Senado con representantes da Asociación Española de Gardias Civís na provincia de Lugo, que lles trasladaron as principais reivindicacións do colectivo e analizaron os problemas e necesidades que afectan á Garda Civil na provincia.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
