Lugo, 21 de decembro de 2016.- O delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, destacou este mércores que o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) ten dispoñibles 21 vivendas de promoción pública situadas en seis concellos da provincia de Lugo.
Balseiro explicou que a Xunta iniciará en xaneiro o proceso de adxudicación de 18 destas vivendas, o que significa que os que estean interesados terán que solicitar previamente a inscrición no Rexistro de Demandantes de Vivenda.
O delegado visitou as vivendas que se ofertan en Viveiro, dúas na rúa Melitón Cortiñas e outras dúas na rúa Rosalía de Castro, e destacou que en xeral todas as que ofrece o Instituto teñen dunha excelente ubicación. De feito, 13 están situadas en cascos históricos.
Así, a Xunta iniciará o proceso de adxudicación, co correspondente sorteo, entre os demandantes xa incluídos no rexistro para as catro vivendas situadas no casco histórico de Viveiro, tres no de Chantada, e outras tantas no de Vilalba, e veñen a sumarse ás tres que se ofertan no de Monforte, no antigo hotel Comercio, cuxo procedemento de adxudicación xa está máis avanzado. Ademais, o Instituto abrirá o proceso para seis vivendas libres en Becerreá e dúas en Muras.
As vivendas situadas en cascos históricos adxudícanse en réxime de aluguer e as outras en propiedade ou aluguer, segundo o nivel de ingresos. O prazo para inscribirse como demandante destas vivendas remata o 29 de xaneiro.
O delegado informou tamén de que este xoves a Xunta abre o proceso de selección de adxudicatarios para vivendas adaptadas para persoas con mobilidade reducida no grupo de vivendas de promoción pública, unha delas en Garabolos (Lugo) e dúas vivendas máis no casco histórico da capital.




















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



