Mondoñedo 25 de decembro de 2016.- O Centro Comarcal da localidade mindoniense, ubicado no edificio Pazo Santo Tomé, acollerá o vindeiro día 13 de xaneiro ás 13:00 horas a presentación do estudo ‘Mondoñedo, un municipio para invertir’ e a folla de ruta a seguir. Así o avanzou a alcaldesa, Elena Candia, quen precisou que ao acto acudirá un membro da consultora estratega, así como membros do equipo de goberno.
Candia precisou que este documento, que xa foi presentado en cidades como Madrid ou Barcelona, foi encargado polo Concello de Mondoñedo para “poñer en valor e dar a coñecer todos os recursos que temos e captar dese xeito a inversión na nosa localidade”.
A rexedora avanzou que o estudo recolle unha pormenorizada relación dos recursos do municipio e as posibilidades empresariais que ofrece.
A situación xeográfica, a súa proximidade ao mar e aos fluxos turísticos, os seus enclaves turísticos máis destacados, o rico patrimonio histórico e arqueolóxico, as tradicións culturais e a gastronomía, as actividades produtivas… Así como os recursos naturais da localidade, a disponibilidade de chan industrial a precios asequibles, as instalacións industriales e inmobles ociosos (Ecar, edificios no rural, o antigo hospital…), incentivos públicos existentes para crear empresas ou as oportunidades relacionadas co potencial turístico e agroalimentario, son, entre outros, algúns dos asuntos que se abordan no estudo e se queren dar a coñecer.
























Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.



