O Maderas Barcia Lourenzá celebra Noiteboa gañando as carreiras menores no Run Foz Run.
Categoría Pícaros:
1º – Pedro Moirón. 2º – Marcos Graña.
Ademais: Pablo Martínez, Fernando Díaz, David Díaz, Lucas Cabarcos, Unai Díaz, Raúl Pérez.
Benxamín Feminino:
1º – Henar Méndez. 2ª – Sheila López.
Ademais: Emma García, Miriam Vera, Andrea García.
Benxamín Masculino:
1º – Carlos Docampo. 3º – Iago Longarela.
Ademais: Fabián Otero.
Alevín Feminino:
1º- Iria Rguez. 3ª – Carmen García.
Ademais: Diana Lastra, Aroa Glez., Cecilia Gómez.
Alevín Masculino:
1º – Ian Méndez.
Ademais: Aarón Millares, David Martínez.
Infantil Feminino:
1ª – Carme Alonso.
Ademais Marta Alonso, Valeria Álvarez.
Infantil Masculino:
1º – Nicolás Álvarez.
Cadete Feminino:
1ª – Ainara Rguez. 2ª – Ana Vallines. 3ª – Ainhoa López.
Ademais: Claudia Graña.
Cadete Masculino:
1º – Aleix Díaz. 3º – Alberto Glez.
E os xuvenís Pablo Irimia e Carmen López Diniz competiron na categoría sénior ata 35 anos, logrando unha gran actuación.
Ainara Rodríguez logra marca mínima para o galego de 600 (a 1 segundo de mínima nacional) e Iria Rodríguez triunfa nos 500 lisos
Nova exhibición de Ainara Rodríguez este venres 23 de decembro nas pistas de Bastiagueiro en A Coruña na V Edición Coruña corre en pista.
Ainara lograba parar o crono nos 600 lisos en 1,43,35 co que acredita unha nova marca para participar no campionato galego (piden 1,51,00) e queda a 1 segundo e 3 décimas do de España (piden 1,42,00) a pesar de que polo momento a súa preparación estase centrando no cross mediante o campo a través.
Iria Rodríguez vencía nos 500 lisos con un tempo de 1,38,71 seguida de duas atletas de C.A. Sada, Susana Amor e Misgarech Bardanca.





















A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
