Este fin de semana celebra Foz a XIV edición da festa do chícaro, á que pretenderon impoñer o nome de “berberecho”. Só na nosa vila recibe aquel nome; en cantas indagacións levamos feito non atopamos outro lugar onde se chame igoal, aínda que por Galicia son varios os apelativos que se lle aplican : berberecho, croque,cuncho,crica, caralleta, berberechiña, carneiro… e ,unha vez mais, preguntamos por qué nós imos voltarnos depredadores do que forma parte da nosa tradición e cultura popular, querendo borrar do mapa da linguaxe entrañable do pobo unha expresión que, nalgunha medida, nos distingue e singulariza …?
Foi en 1984 que , organizada pola ACIA, se celebrou a primeira exaltación dos chícaros, desde o respecto a canto de cultural e costumista ten o feito, eminentemente popular. O cronista non poido por menos que alzar a voz ante unha actuación á que non lle atopaba razón de ser e, pola contra, significaba unha agresión á historia do noso pobo, modesta, pero merecente de respecto e consideración, máximo daqueles que teñen a obriga, voluntariamente contraída, de velar polos intereses colectivos, materiais e inmateriais, da cidadanía. Foron eles os que a iniciaron hai algúns anos e ninguén a rectificou, acaso convencidos de que as cousas -ben feitas- deben prevalecer…Agora parece que as augas volven ó seu cauce e, sen extrañas interferencias, celebrarase a “festa do chícaro”. Parabéns.
O prestixoso xornalista e gastrónomo Jorge Víctor Sueiro, que tantas veces os degustara nas tabernas de Foz, no libro “Manual del Marisco”, dí:” Existe la creencia muy extendida de que estos mariscos favorecen la vena amatoria del que los consume. Ponen en situación; ayudan a ese punto de enervamiento que precede al placer de la pareja humana…. Pero es que este “cachondeillo” va incorporado a sus nombres gallegos, ya que “crica” ,”berberichiña” o”caralleta” son sustantivos que afectan a zonas altamente erógenas de la mujer” .
“Lo que es cierto – dí Sueiro,- es que crudos están riquísimos, ya que su sabor es sustancioso y muy marinero. En empanada, si puede ser de maíz, mejor, y con arroz , se chupan los dedos….”A edición contará con un pregoeiro, avezado e carismático home da información , en particular da gastronómica, e das viaxes: Xosé Manuel Orriols, nome de grande resoancia en prestixosos medios – prensa, radio e TV; vello coñecido e amigo de Foz .
Ten nomes varios: berbericho, croque,cuncho,crica, caralleta,berberichiña, carneiro; definido como molusco bivaldo, duns catro centímetros de longo e con cunchas estriadas case circulares. Críase nas costas do norte da península e cómese crú e guisado… Ise foi sempre en Foz “o chícaro”; descoñecemos as razóns que asisten aos que o despoxaron do nome autóctono contra do que é tradición do noso pobo, expresión da nosa cultura popular, arrebatada a identidade e empobrecida a linguaxe lugareña,ante cuxos feitos depredadores da nosa humilde historia o cronista non pode por menos que alzar a voz en contra do irresponsable proceder, mesmo consciente de que nada vai conseguir.
Acerca do chícaro, no seu libro “Manual del marisco”, editado en 1981, o prestixoso xornalista e gastrónomo Jorge Víctor Sueiro, dí: “Existe la creencia bastante extendida de que estos mariscos favorecen la vena amatoria del que los consume. Ponen en situación, dicen: ayudan a ese punto de enervamiento que precede al placer de la pareja humana”..Pero es que en el berberecho/chícaro este cachondeíllo lo lleva incorporado a alguno de sus nombres gallegos, ya que “crica”, “berberechiña”, o ”caralleta” son sustantivos que afectan a zonas altamente erógenas de la mujer”.
“O chícaro é un dos mariscos de concha mais populares en Galicia. Lo que es cierto, con los riesgos que esto entraña en unos mares tan contaminados como los nuestros, es que crudos están buenísimos, pues su sabor a la vez es sustancioso y muy marinero “(Sueiro).
Esta festa focega do chícaro conta cun pregoeiro moi cualificado: Moncho de Chila, home do mar desde os ancestros, coñecedor de tódolos seus viricuetos e dedicacións; das súas ledicias e dos seus dramas; das satisfaccións e das mágoas; en definitiva un “Home do Mar de Foz”, con maiúsculas.
















O lume iniciouse ás 14.51 horas e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 7 axentes, 11 brigadas, 12 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.



