Burela, 2 de febreiro de 2017. O concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández, acudiu xunto coa directiva e xogadores do ADF Porto de Burela á Deputación Provincial de Lugo para asinar un convenio de colaboración entre esta entidade burelesa e o CD Lugo. O acto estivo presidido polo titular da Deputación, Darío Campo e polo presidente do CD Lugo, Tino Saqués, ademais tamén estiveron presentes no acto Pablo Rivera, deputado responsable da Área de Deportes e o vicepresidente da Federación Galega de Fútbol, Carlos Méndez “Negrín”.
O edil socialista quixo agradecer á directiva do Porto Burela “a invitación que tivo comigo para que asistira a este acto en representación do Concello de Burela, cousa que me enche de orgullo e que demostra o extraordinario entendemento que existe entre a directiva deste clube e a Concellería de Deportes do noso Concello”.
Fernández Rey explicou que “o convenio contempla unha colaboración entre o Porto de Burela e o CD Lugo en aspectos que dende o Concello e o propio club valoramos moi positivamente. Son relativas ao eido da formación de entrenadores, suministro de material, partidos amistosos, entradas para poder ver os partidos do CD Lugo, etc…”.
O concelleiro de Deportes engadiu: “dende o Concello mostramos a nosa satisfacción por este convenio, xa que o propio presidente do Porto de Burela, José Manuel Ares, manifestou a súa ledicia polo acordo acadado co CD Lugo, entendendo que era bo tanto para o propio club como para os rapaces que practican fútbol no mesmo”. E quixo por en valor “o excepcional traballo que fan dende o ADF Porto de Burela cos rapaces que pertencen a ese club. Animo á directiva a seguir con ese traballo ben feito que están a facer e a seguir colaborando como o están a facer coa Concellería de Deportes en prol do deporte burelao”.
Ramiro Fernández destacou “tamén o magnífico entendemento que teño coa directiva deste club coa que falo case de maneira diaria para ver as necesidades que teñen e intentar solucionar os problemas que van surxindo no día a día do club, como intento facer con todos os clubs deportivos do pobo”.






















O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).