FOZ .- Otero Regal e Paco Rivas comparten protagonismo o martes, día 1 de decembro, na Casa da Cultura “Poeta Manuel María” de Foz ónde se inaugura a exposición “Paisaxes Cerámicos”. Ademais presentarase o libro de poemas “Entre Nois e Pena Orxal” de Paco Rivas, con ilustracións de Otero Regal.
COMUNICADO DE PRENSA
CONCELLO DE FOZ – CONCELLERIA DE CULTURA
Inauguración da exposición PAISAXES CERAMICOS DE OTERO REGAL
OTERO REGAL E XAIME CANCIO RODRIGUEZ
Teñen o pracer de invitalo a Vde. á inauguración da exposición PAISAXES CERÁMICOS DE OTERO REGAL
Se algunha vez existirón dúbidas respecto á cualificación da cerámica como arte maior, estas quedaron definitivamente superadas por Pablo Picasso quen produciu nesa técnica algunhas das súas obras mais belas.
De non ser así, aquí están as obras de Otero Regal para reiteralo. A súa obra expresionista, en termos xerais, é de rara e rica complexidade. Paisaxes policromadas en cerámica combínanse , creando un clima sen parentesco que está, máis na “rareza” que na afinidade formal. . REVISTART Agosto 2009
Acto que terá lugar o vindeiro martes, 1 de Decembro ás 20 horas na casa de cultura
Poeta Manuel María de Foz .
Ademais neste acto presentarase o libro de poemas “ENTRE NOIS E PENA ORXAL” de Paco Rivas e ilustracions de Otero Regal
A EXPOSICIÓN Tratase de 34 obras feitas en cerámica de alta temperatura policromadas con óxidos, esmaltes e engobes cun contido moi chamativo e cheo de cor.
22 son cuadros cerámicos e 4 transe de ánforas-paisaxe colocadas como esculturas nos xardíns.
Esta obra original foi realizada ó largo do ano 2009
Pasamosvos aquí un extracto do catalogo da mostra asi como o epilogo feito por Paco Rivas.
Por primeira vez podese ver unha obra de Otero Regal toda ela de paisaxes cerámicos, o que el veu o redor de si, en viaxes, vivindo en lugares moi diversos e sobre todo tomando centos de apuntes dende O Cairo a Tunicia, pasando pola Andalucía mais branca, Cataluña, Castela….e mirando sobre todo a perspectiva das casas, moi poucas das paisaxes están sin casas.
Non se poran todas as obras a unha, non caben, irase sacando e poñendo. De vez en vez, cada certo tempo. Mais pobra, mais paisaxes, mais ánforas-paisaxes ata compoñer a gran sinfonía do arte.
Quizais, por eso non é tan só unha exposición, son varias, vivir e volver,. Esta mostra esta feita para que voltemos a esta exposición que quere ser punto de encontro con outras artes, con outros laborios.
Otero Regal atopase, ós 57 anos, algo mais canso pero na mellor quenda de toda a sua historia polo que fai o tempero artístico. Nunca creou con mais oficio, que o ten todo, con ese saber facer, con ese aquel de artesán sabio, que so un Mestre, na sua obra pode bordar.
Se algunha vez existirón dúbidas respecto á cualificación da cerámica como arte maior, estas quedaron definitivamente superadas por Pablo Picasso quen produciu nesa técnica algunhas das súas obras mais belas.
De non ser así, aquí están as obras de Otero Regal para reiteralo.
O autor resístese ás clasificacións e ás preguntas, contesta con natural sinceridade:”Eu non sigo á moda, sígome a min”.
A súa obra expresionista, en termos xerais, é de rara e rica complexidade. Figuras policromadas en cerámica combínanse , creando un clima sen parentesco que está, máis na “rareza” que na afinidade formal.
As imaxes desta exposición, as primeiras paisaxes que eu lle coñezo son inquietantes, por momentos iso débese ao comentario social que encerran, pero aínda cando iso non fose así, permanecerían como motivo desafiante fronte ao espectador.
Trátase de imaxes que quedan gravadas na mente, que é unha das maiores probas de autenticidade.
EPILOGO
ENTRE NOIS E PENA ORXAL
Antes de rematar este poemario debo facer un par de precisións que coido son interesantes para o lector.
A primeira é que cando o meu amigo e profesor Xesús Alonso Montero escribiu o prólogo que introduce este libro non sabía –nin eu tampouco- que Alfonso Otero Regal ía encher estas páxinas de fermosísimos debuxos que enriquecen dun xeito extraordinario a miña obra… Primeiro porque Otero Regal é fillo do mesmo mar ca min, do mar de Nois, do mar que compón cantigas cada día na Orxal, no xogaral da Raxoa, na praia da Borneira, ou mesmo en calquera peloural co que se atope en calquera curruncho da costa que vai desde os Xuncos ó Castro de Fazouro. O mesmo mar que polas auxías do tempo vai pintado emocións nos corazóns que saben ler polas pálpebras da brisa… E segundo, que Otero Regal –e non descubro nada novo-, é un grande artista, que sabe expresar esas emocións das que falabamos que nos ensinou a el e a min o mar de Nois, de moi diversas maneiras –cerámica, escultura, pintura…e mesmo debuxos para darlle máis forza e encanto a este poemario que, amigo lector-a, tes nas túas mans.
A segunda precisión que teño que facer, fai referencia e este derradeiro poema que eu non sabía tampocuco ía pechar este poemario; este poema escrito despois da morte de miña mai que acontece a primeiros de decembro deste triste e frío mes de decembro. Este poema completa así o ciclo adicado ós meus pais aínda que eu non o quixera:
Había neste poemario dous poemas para o meu pai, un para o pai que lle ensinaba a medrar a este neno e outro para o pai morto nun, tamén triste e frío mes de febreiro do ano 1992. E había neste poemario un poema para a mai que lle ensinaba a medrar a este neno e -como estaba viva- non había este segundo poema que agora -xa morta nun triste e frío primeiro día do mes de decembro-, se completa o ciclo aínda que eu non o quixera. Por todo isto, e aínda máis, miña mai, cho escribo.
Desde o mar de Nois nun triste e frío día do mes de Decembro do ano 2008
PACO RIVAS





















A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.



