Burela 25-2-17. O Peñíscola Rehabmedic fraguó a súa vitoria nunha primeira parte equilibrada pero que reflectiu a racha de ambos equipos. Os locais amosaron a súa eficacia ofensiva e a súa fortuna mentres que o Pescados Rubén Burela non atopaba o último pase para xerar situacións de perigo e coa fortuna en contra. Moi pronto chegou a primeira embestida local xa que aos 2 minutos Rubén Orzáez situaba o 1-0 que encarrilou o triunfo local. O conxunto galego buscou a reacción ante un Peñíscola moi ordenado en defensa e que levou o partido ao ritmo que máis lle interesaba aínda que sen excesivo perigo en ataque. No minuto 12, Juan Emilio marcou o 2-0 mostrando a súa eficacia goleadora. Acto seguido o Burela optou polo xogo de cinco buscando cambiar a dinámica do choque pero unha acción individual de Terry gañando a liña de fondo e pase ao corazón do área que provocou o 3-0 co que se chegou ao descanso.
Na segunda parte o Pescados Rubén saltou á pista con maior agresividade e con xogo de cinoco pero, de novo, o Peñíscola foi máis contundente e nesta ocasión foi Míchel o que se aliou coa fortuna e o seu remate toca en Iago Rodríguez aumentando a vantaxe local. Co 4-0 o Pescados Rubén alternou o xogo de cinco, con diferentes protagonistas, e o Peñíscola replegou as súas liñas en busca do contragolpe definitivo. Sen moitas ocasións chegouse ao tramo final do partido cando Iago Rodríguez recortou distancias (4-1) desde o dobrepenalti. Con só dous minutos para a remontada o Burela volveu xogar de cinco e gozou dun par de ocasións claras para recortar distancias pero primeiro Carlitos e despois José Carlos topáronse cos reflexos de Iker. No último suspiro Míchel pechou o marcador co definitivo 5-1.
Ficha técnica
Peñíscola Rehabmedic: Iker, Lucas Bolo, Míchel, Rubén Orzáez, Juan Emilio -cinco inicial- Iván Rumbo, Fran Conde, Marquinho, Esteban, Terry, Raia.
Pescados Rubén Burela FS: Miñano, Isi, Iago Míguez, Iago Rodríguez, Antoñito -cinco inicial- Bellvert, Cuco, José Carlos, Carlitos, Hélder, Álex.
Goles: 1-0, m.2; Rubén Orzáez; 2-0, m.15, Juan Emilio; 3-0, m.18, Antoñito (p.p); 4-0, m.23, Iago Rodríguez (p.p); 4-1, m.38, Iago Rodríguez (dp); 5-1, m.40, Míchel.
Árbitros: Juan Cerdá, Martínez García. Tarxeta amarela a Cuco (m.10), José Carlos (m.19), Álex (m.31), Isi (m.40) no Pescados Rubén Burela. Tarxeta amarela a Juan Emilio (m.19), Iván Rumbo (m.38).
Incidencias: Partido correspondente á xornada 22 de Primeira División LNFS disputado no pavillón municipal de Peñíscola.




















A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
A artista manchega, coñecida pola súa mestura de raíz tradicional e sonoridades actuais, ofrecerá un directo íntimo e cheo de forza o sábado 20 de xuño ás 22:30 horas. Será unha noite para gozar da música con calma, entre amigos, nun ambiente próximo e acolledor, onde as cancións se comparten case como se fose unha conversa arredor dunha mesa. As entradas xa están dispoñibles en woutick!, polo que se recoméndase adquirilas con antelación para non quedar sen sitio nesta cita única.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada, entre 12 e 19 horas, realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
