Ribadeo, 27 de febreiro de 2017. O Concello ven de dirixirse á Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao e á Xunta de Galicia para que revisen as súas resolucións e informes sobre o uso hoteleiro do faro da Illa Pancha. O alcalde, Fernando Suárez, fai estas declaracións despois das argumentacións desfavorables realizadas polo Defensor del Pueblo. O rexedor pide que en caso de que o Defensor del Pueblo teña razón esas administracións procedan a corrixir os seus informes antes de que o Concello tramite a licenza de actividade definitiva do establecemento.
Suárez Barcia dixo hoxe: “en relación con este hotel pretendido aquí na illa Pancha, tivemos coñecemento hai moi pouco tempo, destas argumentacións que o Defensor del Pueblo, desta institución de ámbito estatal, fixo sobre o expediente global a raíz das denuncias deste colectivo Por nuestro faro, que son tamén os que nos fan chegar esta comunicación”.
O alcalde sinalou que “o Defensor del Pueblo ven cuestionar a tramitación basicamente de Portos do Estado que depende do Ministerio, e tamén dalgunhas autorizacións autonómicas. No senso, segundo di o Defensor del Pueblo, que necesitaba este expediente información medioambiental que non se produciu, e que tamén pon en solfa o xeito da tramitación da concesión”.
Fernando Suárez explicou que “desde o Concello de Ribadeo somos a última administración que deu a licenza de obra en función de todos eses expedientes, informes e autorizacións previas destes organismos. Polo tanto con esta nova documentación que sabemos do Defensor del Pueblo, agora vimos de dirixirnos novamente a todos estes estamentos do Ministerio e da Xunta, solicitándolle a todos estes organismos afectados para que revisen as súas actuacións, que revisen os seus informes, que revisen as súas resolucións. E se está ben que o manifesten e que desmintan todo o que está dicindo o Defensor del Pueblo, e se realmente este ten a razón que procedan a corrixilo cos efectos que proceda xuridicamente, e que o fagan xa, sobre todo antes de tramitar polo Concello a actividade”.
O rexedor ribadense manifestou que “o Concello participa indirectamente. O Concello deu a licenza e as autorizacións en función de todo iso. Se iso non está ben, o procedemento non pode seguir para adiante”.
Fernando Suárez subliñou que “todo o mundo sabe que as licencias de obras son actos regrados. Se cumpren todos os informes e todas as disposicións, hai que outorgar a licenza si ou si. Pero se agora pasa, como parece que está pasando, que unha institución teoricamente seria como o Defensor del Pueblo cuestiona o modo de cómo se evacuaron eses informes, queremos sabelo antes de seguir dando máis pasos como última administración, pero como administración final que depende tamén de todos eses informes e autorizacións previas anteriores”.




















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.



