Desgraciadamente na política non sempre dúas máis dúas son catro; ás veces entendemos o que queremos ou simplemente os propios partidos políticos versionamos as nosas posicións totalmente diferentes ás dos outros encontrándolle algún sentido á nosa postura, ás veces con grandes doses de demagoxia, un recurso moi útil sobre todo para algúns partidos da esquerda.
Pero cando se fala de cartos e de economía municipal xa cambia a cousa. O Concello é coma un fogar grande onde ou te aplicas e es responsable ou te tiras á bartola e non chegan os cartos, pero 2+2 xa empezan a acercarse a 4, ou iso é o que o PP de Foz sempre aplicou.
Digo isto porque en Foz está a pasar exactamente isto.
Cando entrou o goberno actual do PP no ano 11 díxose:
“imos ter problemas coas licencias que cobrou o anterior goberno e xa gastou, porque van acabar reclamándoas”. ¡ Zasca !,
“imos ter problemas con Gestagua se non actualizamos as taxas que vostedes mesmos pactaron coa empresa no 2007”. ¡ Zasca !
“temos débedas doutros anos e non hai cartos no banco”. ¡ Zasca !
“hai que axustar a contribución, que non está actualizada e o Concello non é capaz de ingresar para pagar o que se debe”
Aí están os resultados, todo o que dixo o PP pasou; e a oposición sempre en contra, dando largas, e argumentando o indefendible.
Pois ben, pasaron 4 anos e o novo goberno adicouse a pagar case 2 millóns de euros de débeda aos bancos, outro millón e medio de facturas non pagadas polo anterior goberno e medio millón máis de devolver as licencias que o PSOE xa gastara; e aínda con elo, deixar cerca de 1 millón de euros aforrado en caixa. Neste caso, como dicía o noso slogan, AS CONTAS CLARAS.
2m+1.5m+0.5m+1m=5m. 5 millóns en 4 anos en minoría a favor do Concello, que serviron para tapar furados.
Escribo isto porque agora toca nesta lexislatura seguir tapando furados. Seguen reclamando licencias xa cobradas e gastadas polo goberno do PSOE: no 2016 foron 200.000 euros e este ano xa nos reclaman 300.000. E, por outro lado, sae o GRAN FURADO do millón de euros de Gestagua, do que o actual goberno veu reiteradamente avisando dende o ano 2011: “que se o pleno non actualizaba as taxas tocaríanos pagalo dos orzamentos municipais.”
A OPOSICION NEGOUSE, argumentando que non era o momento de subir a auga, e ¡ Zasca ! Aí temos a sentenza xudicial e a pagar en marzo a Gestagua o millón de euros. Aló van os orzamentos do 2017.
Novamente o que dixo o PP volveu ocorrer: devolveremos o medio millón de euros aos promotores, que sumados aos da lexislatura pasada, farán 1 millón de euros, que gastou o PSOE, e devolverémoslle á concesionaria Gestagua, que o PSOE prorrogou 20 anos, o millón de euros que reclama por non atender ao que advertía o goberno do PP.
Menos mal que se foi prevendo e hai cartos na caixa que permiten eses pagamentos, senón o Concello estaría en quebra técnica.
Pero isto non e todo. A soberbia da oposición chega en novembro do ano 15, cando a sabendas de todo isto e a sabendas de que había que facer fronte ás débedas que eles mesmo xeraron, van e irresponsablemente propoñen rebaixar a contribución ao mínimo, base fundamental dos ingresos do Concello. Unha rebaixa ao mínimo para quedar ben eles e arruinar as contas que ao final son as todos.
Señores veciños: ¿non cren que esta xente da oposición de Foz son algo irresponsables de máis? ¿quérenos vostedes de administradores na súa casa?
Simplemente recorden que en política tamén 2+2=4. O resto son MILONGAS, pero, iso si, con grandes doses de demagoxia.
Juan Rivas
Secretario Xeral do PP de Foz



















A celebración está organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e conta co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.



