Lugo, 10 de marzo de 2017.- O delegado territorial de Lugo, José Manuel Balseiro, destacou hoxe que a Consellería do Medio Rural investiu o pasado ano 12,1 millóns de euros na comarca da Mariña a través de diversos programas de apoio.
O delegado afirmou que “dende a Xunta traballamos por un rural vivo e con opcións de futuro, aproveitando os recursos con que contamos no noso territorio, impulsando os sectores básicos, como a gandaría ou o forestal, e mellorando os servizos para que a mocidade atope no rural un lugar atractivo no que vivir e traballar”.
Segundo explicou Balseiro, dentro do montante global de axudas máis de 9,3 millóns de euros corresponden a pagos da PAC realizados durante o pasado ano. Igualmente, investiuse máis de 1 millón de euros nas parcelarias que se desenvolven en Mondoñedo, O Valadouro e Alfoz, municipio que neste momento alberga o principal proxecto de reestruturación da comarca para reordenar a propiedade das terras, dimensionando as fincas para mellorar a súa produtividade.
A Xunta destinou 579.000 euros a axudar aos mozos e mozas que se incorporaron ao sector nesta comarca, e máis de 192.000 euros a plans de mellora e impulso das pequenas explotacións.
Por outra banda, o delegado afirmou que se investiron máis de 900.000 euros ao abeiro do Plan Marco na mellora de camiños municipais de acceso a explotacións agrarias.
En definitiva, asegurou Balseiro, “con estas achegas tratamos de mellorar as dotacións existentes no rural ao tempo que desenvolvemos actuacións dirixidas a impulsar a modernización e a remuda xeracional nas explotacións agrarias”.
Nova campaña da PAC
José Manuel Balseiro lembrou que este ano Galicia foi a primeira comunidade en publicar a orde de axudas da PAC, o primeiro día establecido pola normativa (no DOG do pasado día 1 de febreiro).
Explicou que a Xunta está a organizar charlas informativas sobre as novidades da PAC para a presente campaña en distintos concellos, respondendo á chamada dos diversos colectivos que as solicitan.
Así, realizáronse ata a data charlas en Lugo, A Fonsagrada, Mondoñedo e Ribadeo, e proximamente terán lugar en Friol, Paradela, Sarria, Trabada, Meira e Cervantes, así como outra -nun lugar por concretar- en colaboración coa Asociación de Criadores de Ovino e Caprino (Ovica).
O delegado afirmou que se atenderán todas as solicitudes porque “cremos na importancia de render contas, de escoitar ao sector e de transmitir información de xeito claro e transparente”.






















A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



