Viveiro 16-3-17.O xoves 23 de marzo arranca o VI Concurso de Tapas do Centro Histórico de Viveiro. Por tan só 2€ cada unha, os clientes poderán desfrutar de 13 tapas diferentes nos locais participantes.
Nesta edición sorprenderanos tanto con receitas baseadas no bo sabor da cociña tradicional, como con creacións imaxinativas mesturando texturas innovadoras.
Os locais que participan e as súas tapas son:
1.- Mesón A Ría con Enchilada de langostinos en salsa criolla
2.- O Rincón do Tronco con Navegando hasta Isla Perejil
3.- Asador La Quinta con Solomillo de vacuno, robellones y habitas con puré verde y teja de patata
4.- Mesón O Recuncho con Rollito de picadillo de Mar
5.- Bar Normandy con Juego de Sabores con uvas rojas y vino tinto
6.- Restaurante Casa Pepi con Chipirón con arroz negro
7.- Bar O Atallo con Pulpo a la vinagreta
8.- Bar Cantábrico con Doncella en Salsa Agridulce
9.- Mesón Imperial con Mar y Tierra
10.- Gastrobar Los Leones con Croca de Buey marinada, chutney de tomate y queso de cabra
11.- Cornelius Taberna Gastronómica con O polbo papa á Nécora
12.- Restaurante O Muro con Capitol
13.- Bar La Fontana con Cama de grelos con pulpo y crujiente de oreja
Fora de concurso colaborará o Restaurante O Asador, que ofrecerá unha tapa especial ós seus clientes durante os días do concurso.
Os locais servirán as tapas tódolos días cun horario mínimo de 12:00 a 15:30 h e de 20 a 24h (a excepción do domingo que se servirán ata as 22h). En cada local participante, haberá “Tarxetas de votación” a disposición dos clientes.
Cada vez que un cliente deguste unha das tapas do concurso, o establecemento selaralle a “Tarxeta” na casilla correspondente ó seu local.
Os clientes poderán votar a tapa que máis lles guste e entrar no sorteo de 1.000€. Esta é a novidade deste ano, que serán 2 premios distintos, por un lado 200€ para aquelas tarxetas que teñan un mínimo de 7 selos, e por outro, 800€ entre tódalas tarxetas que estean completas, é dicir, teñan 13 selos.
O voto poderase realizar ata o domingo 26 de marzo ás 22 horas, en calquera das urnas ubicadas en tódolos locais participantes.
Para os locais participantes haberá 3 premios:
– Mellor tapa popular: elixida mediante as votacións dos clientes.
– Mellor presentación: elixida por un xurado alleo ó evento.
– Mellor tapa tradicional: elixida por un xurado alleo ó evento.
O xurado estará formado por Juan Manuel Paz Técnico especialista en Hostelería, Carlos Pérez Martin xefe de cociña do Restaurante Mis en Plas e Rincón do Mis, formado na Escola de Hostalería de Foz e Conchi Carreirras Vizoso, Profesora de cociña da Escuela de Hostalería de Foz.
O luns 27 de Marzo, a organización procederá ó reconto de votos, sorteo dos premios, e posterior comunicación ós agraciados e ós locais gañadores.





















Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
O sindicato denuncia a decisión unilateral da empresa de retirar días de descanso e implantar quendas que dificultan a conciliación. As concentracións serán nos centros de traballo de Foz (Uxío Novoneira s/n) e Ribadeo (Avda. Galicia 27). Lémbrase que non é unha folga e apélase á solidariedade da plantilla para defender as condicións laborais conquistadas.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.



