Foz, 16 de marzo de 2017. Mañá, venres, arrincan en Foz as xornadas gastronómicas de Dona Croqueta e Don Croquetón, que organiza o Centro Comercial Aberto.
Nesta cita, que se desenvolverá do 17 ao 19 de marzo, participan 14 establecementos hostaleiros de Foz: A Funcional, Bar 78, Cafetería A Viela, Cafetería Happy Days, Cafetería Mayros, Cafetería Pastelería Anduriña, Casa Maño, Restaurante As Brasas, Restaurante Dandy, Restaurante Fina, Tangarte Mariñeiro, Tangarte Mesón, Tito&Pizza e Xoyma. Neles poderase degustar unha gran variedade de croquetas e croquetóns.
O CCA de Foz celebra o día do pai con estas xornadas gastronómicas e co sorteo de 5 ceas para dúas persoas.
No sorteo das ceas, que se realizará o día 22 de marzo ás 12 do mediodía en Radio Foz, entrarán aquelas persoas que fagan as súas compras entre o 13 ao 19 deste mes nos 47 establecementos que participan nesta campaña: 100p´s Zapatería, Alain Afflelou, Alba Vila Centro Dietética y Nutrición, A&N Moda Íntima, Calzados Pirde, Carnicería Mercedes, Casa Moreda, Cenor Belianorte, Chinela Nenos, Clínica Veterinaria Foz, Decoraciones Pura, Din y Don, Don Zapato, Ecoadellao Produtos Ecolóxicos, Electricidad Núñez, Estación de Servicio Foz, Estación de Servicio La Ola, Floristería Ana Fabeiro, Ginzo Hombre, Ginzo Mujer, Hola Ola, Home Secret, Infotec, Kukadas, La Flor Abulense, Lencería Esther, Librería Bahía, Longarela, Lorena Mon Avogados, Lourdes Lencería, Mapfre, Milar Foz, Motos Baltasar, Ofifoz, Parafarmacia Foz, Pastelería Anduriña, Pastelería Bombonería Amarena, Ribamueble, Salai Campo, Suministros Veipa, Vagaluz, Vas´s, Vas´s Oulet, Viajes Rodríguez, Xanela Agasallos e Complementos, Xoiería Iria Rodríguez e Zapatería Chinela.





















A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
O sindicato denuncia a decisión unilateral da empresa de retirar días de descanso e implantar quendas que dificultan a conciliación. As concentracións serán nos centros de traballo de Foz (Uxío Novoneira s/n) e Ribadeo (Avda. Galicia 27). Lémbrase que non é unha folga e apélase á solidariedade da plantilla para defender as condicións laborais conquistadas.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
Os servizos sanitarios trasladaron ao hospital a tres persoas implicadas nunha colisión frontal en Castro de Rei. Unha delas tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Vilalba. Contra as 11:15 horas deste martes, un particular informou ao 112 Galicia dun choque entre dous vehículos no quilómetro 71 da N-640, á altura da parroquia de Viladonga. Desde o punto, os alertadores sinalaron que unha persoa permanecía atrapada. Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros liberaron á persoa, que foi trasladada xunto con outros dous feridos ao hospital en ambulancia.



