Burela, 20 de marzo de 2017. Este luns foi presentado no salón de plenos do Concello o X Encontro de Palilleiras que terá lugar o día 13 de maio, organizado pola Asociación Cultural e Artesanal de Mulleres Palilleiras As Encaixeiras. Estiveron presentes nesta presentación xunto ao alcalde, Alfredo Llano, os concelleiros de Mar e Cultura, Patricia Otero e José Díaz, respectivamente, así como representantes de Absa, da Confraría de Pescadores e da Fundación Expomar.
Este encontro de palilleiras desenvolverase no porto de Burela onde se inaugurará ás 11:30 horas. Posteriormente procederase a unha degustación de empanada de pescada, que dará comezo ás 12:00 horas, así como unha viaxe ao Monte Castelo e á igrexa de Vila do Medio. Tamén haberá unha actuación de baile e canto tradicional a cargo de Arume.
O horario do X Encontro de Palilleiras será de 10:00 a 13:30 horas, e pola tarde de 16:00 a 19:00 horas. Patrocinan o Concello de Burela, Absa, a Deputación de Lugo, a Confraría de Pescadores de Burela e a Fundación Expomar, e participa como profesora colaboradora Ángeles Blanco Rego.
O prazo de inscrición para participar neste encontro de palilleiras está aberto ata o 2 de maio, e as persoas interesadas poden facelo no número de teléfono 653 29 59 12 ou en asencaixeiras@gmail.com.
O 13 de maio, a recepción das palilleiras será ás 10:00 horas, e entre as 10:30 e as 13:30 horas terá lugar a demostración de traballos e pola tarde a partir das 16:00 horas. Tamén haberá entre as 16:00 e as 19:00 horas globoflexia e pintacaras, e ás 17:30 horas sorteo de regalos. Ademais ao longo da xornada poderá visitarse o Barco Museo Boniteiro Reina del Carmen e o Museo Histórico.
E xa o domingo, día 14, pola mañá haberá unha masterclass a cargo de Raquel M. Adsuar.






















No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.



