Lugo, 22 de marzo de 2017. O Goberno da Deputación mantén activado o Plan de Emerxencia para facer fronte ás acumulacións de neve e xeo, rexistradas esta madrugada na rede viaria provincial, sobre todo nas estradas da Montaña lucense. Un total de 46 operarios e 21 máquinas acondicionaron máis de 30 estradas provinciais e municipais, onde as acumulacións de neve oscilaron entre os 5 e os 10 centímetros.
Arestora, todas as estradas afectadas están abertas ao tráfico. O Goberno da Deputación manterá o dispositivo de inverno activado pois a previsión é que continúe nevando tanto ao longo desta mañá, como durante a vindeira madrugada. A este continxente uniranse tamén se fose preciso os medios dispoñibles do Parque Móbil para garantir a seguridade da rede viaria provincial.
As estradas onde máis acumulacións se rexistraron son:
•Folgoso do Courel: LU-P- 1301 “de Seoane do Courel a Pedrafita”; LU-P-1303 “de Seoane por Visuña a Ferramulín”; LU-P-1304 “de Mostade por Romeor a Casares”; LU-P-1305 “de Campa por Vilar a Alto do Boi”; LU-P-1306 “da LU-651, en Megoxe a Ferrería do Incio”; LU-P-4501 “do Poio, por Louzarela e Teixeira á de Samos a Caurel, e acceso a Meiraos”; LU-P-4701 “de Pobra do Brollón, por Parada dos Montes a LU-P-4505”; “do Poio por Louzarela a Teixeira”; LU-P-5004 “de Cruz de Outeiro por Seara a Ferramulín”, LU-P-5601 “de Samos ao Courel e Rampa a Santa Mariña”.
•Cervantes: LU-P-1401 “de LU-723, por Degrada e Piornedo ao límite provincial”; LU-P-1404 “de San Román a Quindós”; LU-P-1405 “de Campa da Braña a Tres Bispos”; LU-P-1411 “de Vilanova ao Portelo”; LU-P-1412 “de Quindos a Robledo, en Pena do Santo a Setecarballos”.
•A Fonsagrada. LU-P-1906 “de Pedrafitelas por Vilares a Os Cangos”; LU-P-3601 “de Acebo a Negueira de Muñiz”.
•Navia de Suarna: LU-P-3501 “de Paradela ao Alto do Restelo”; LU-P-3502 “de Muñis a Rao”; LU-P-3508 “de Rao por Murias a Balouta”, LU-P-3505 “de Navia por Silvouta”; LU-P-3509 “de Navia al Alto de Labiadas”.
•Pedrafita do Cebreiro: LU-P-4504 “de Pedrafita ao Portelo”; LU-P-4503 “de San Pedro por Busnullán a Nullán”; LU-P-4505 “de Louzarela por Queixadoiro a Filloval”.
•Samos: LU-P-5603 “de Aira Padrón, por Ponte de Louzar a Praducelo”; LU-P-5601 “de Samos a Courel e Rampa Sta. Mariña”; LU-P-1306 “de Megoxe a Ferrería do Incio”; LU-P-5605 “de Parada, por Santalla a Ponte Louzara”.
Para o acondicionamento destas vías, mobilizáronse 12 máquinas quitaneves con coitela ou cuña e saleiro, 6 medios de intervención rápida “pick up” con coitela ou cuña e saleiro e 3 coches de apoio provistos de medios mecánicos como picos ou palas para facer fronte a derrubamentos ou caídas de árbores, entre outros..





















No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.



