A Mariña, a 22 de marzo de 2017. As traballadoras e os traballadores dos centros de atención a persoas con discapacidade van realizar unha xornada de mobilizacións este xoves, 23 de marzo, para reivindicar melloras salariais e laborais e a negociación dun convenio galego de sector que poña fin á precariedade que padece este colectivo. As concentracións realizaranse diante de todos os centros de Galiza que non son de xestión directa.
Horas e lugares das mobilizacións na comarca da Coruña:
-09:30h: APEM (Praza dos Chopos, Bloque 22, nº1, baixo). A CORUÑA
-11:15h ASPRONAGA-Ricardó Baró (r/ Isaac Díaz Pardo, 15). OLEIROS.
-15:00 horas: Centro PAIMENNI-Irmáns Hospitalarias (Estrada de Santiago, s/n). BETANZOS.
-15:00 horas : Centro asistencial San Pablo, Campo dos Remedios, Mondoñedo, nº1
Involución das condicións laborais
O persoal dos centros de atención á discapacidade (xestionados por organizacións e entidades sen ánimo de lucro e financiados maioritariamente con cartos públicos) están regulados polo XIV convenio estatal do sector. Porén, explica a CIG-Ensino, dende a negociación do IX convenio en Madrid, houbo unha involución constante e unha perda de dereitos continuada.
Tanto é así que dende o ano 2011 os traballadores e traballadoras perderon un 5,2% do seu poder adquisitivo, acumulando unha perda salarial neste tempo próxima aos 4.000€; recortáronse días de vacacións, pasando de ter un mes +18 días a só gozar agora de 22+3 días laborábeis. Mais pola contra aumentou a xornada laboral, pasando das 37,5h ou 38 horas semanais ás 38,5h ou 39h actuais. Ao que hai que engadir recortes no complemento de antigüidade, nos permisos retribuídos, na IT, na flexibilidade funcional ou incluso na reposición da roupa de traballo.
Esta involución, denuncia a CIG-Ensino, débese á falta de negociación real en Madrid e ao entreguismo e pactismo das organizacións sindicais estatais. Por iso, a CIG acudirá á negociación do novo convenio estatal, que comezará o 28 de marzo, mais sabendo que son un paripé e que só se poderá reverter a tendencia a precarizar o sector coa negociación dun convenio galego.
Responsabilidade da Xunta para lograr un convenio galego
As protestas chegan tamén logo de que non se producira ningún avance ou compromiso durante a reunión que a representación do persoal e a CIG mantiveron hai unhas semanas co conselleiro de Política Social. Neste senso, cómpre destacar que as competencias nas subvencións a estes centros están transferidas á Xunta de Galiza e entre un 60% e un 90% dos orzamentos que xestionan as entidades proceden de cartos públicos.
Por iso, dende a central sindical apélase á responsabilidade da administración galega para que promova mesas de negociación tanto coas asociacións e federacións como coa representación social, de cara a sentar as bases para acadar un convenio galego de sector que permita mellorar as condicións laborais e salariais, así como a calidade do servizo que se presta.
Demandar a xestión pública
A este respecto, hai que subliñar que as reivindicacións dos/as traballadores/as non se limitan só ás súas condicións de traballo, senón á propia calidade do servizo. De aí que unha das principais demandas sexa a xestión pública da totalidade dos servizos destes centros, como centros públicos a todos os efectos. Mentres isto non se produza, pídese un incremento das partidas orzamentarias para o sector que permitan aos centros prestar unha atención de calidade e mellorar a situación dos usuarios e usuarias.
Mentres non se cumpran estas demandas, o persoal está disposto a continuar coas mobilizacións.




















Os traballos, cun orzamento de case 190.000€, afectan aos catro primeiros quilómetros da vía. Habilitaranse desvíos alternativos, que estarán debidamente sinalizados.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.



