Ribadeo, 22 de marzo de 2017. Do 20 ao 25 de marzo está a ter lugar a primeira saída formativa de Apaga (Asociación de Profesores de Automoción de Galicia) deste 2017. Catro mestres atópanse en Francia participando no proxecto Coñecemento e Formación para a Empregabilidade. En La Roche Sur Yon están a visitar o Lyceé Saint FranÇois d’Assise, así coma varias empresas desa localidade francesa.
Apaga aproveita estas viaxes formativas para dar a coñecer os atractivos turísticos do norte de Lugo, dentro do proxecto de internacionalización no que leva meses traballando. Faino distribuíndo exemplares da guía The North of Lugo, editada por esta asociación e por Faro Norte Comunicación. En La Roche Sur Yon repartirán mais de medio cento de exemplares en todos os puntos que visiten estes días.
Corenta e catro profesores de Apaga desprazaranse de marzo a xuño a Francia, Dinamarca, Croacia, República Checa, Portugal, Finlandia, Alemaña, Austria, Estonia, Holanda e Italia.
A seguinte saída será a Dinamarca do 26 de marzo ao 1 de abril.






















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



