Lugo 23-3-17. O Presidente, Darío Campos Conde, informou este xoves sobre as bases do Plan Único nos 67 Concellos da provincia, que hoxe presentou aos grupos políticos da Corporación Provincial nas Comisións Informativas sobre o Pleno de marzo, que terá lugar o vindeiro martes día 28 e ao que levará as mesmas para a súa aprobación. Campos Conde detallou como o Goberno Provincial garante que máis do 70% dos 20 millóns de euros deste plan sexan para investimentos, emprego e benestar no conxunto do territorio lugués.
O titular provincial explicou, en primeiro lugar, que a Lei de Bases de Réxime Local, que é a normativa estatal que regula o funcionamento das entidades locais públicas, establece que as Deputacións teñen que aprobar anualmente un plan de cooperación cos Concellos canto menos en materia de obras e servizos. Sinala que na súa elaboración deben participar os propios municipios, que os criterios de distribución dos fondos teñen que ser equitativos e obxectivos e que na súa financiación poden participar as Deputacións, os Concellos, ademais das Comunidades Autónomas e o Goberno Central.
Neste senso, destacou que “durante décadas, con Gobernos do PP na Deputación, existía un único plan que cumpría estas características: o POS. Nos últimos anos, co Partido Socialista na Presidencia da Deputación de Lugo e co Partido Popular na da Xunta de Galicia e na do Goberno Central, producíronse dous importantes cambios:
1.- “O Partido Popular, dende os Executivos galego e estatal suprimiron todas as súas achegas económicas para asistir, por igual, en colaboración con esta Deputación, aos máis de 300.000 lucenses dos 67 Concellos da provincia. Por exemplo, o Goberno Central pasou de financiar con máis de 3 millóns de euros o POS a facelo con cero euros; e a Xunta de Galicia pasou de achegar 1 millón de euros ao Servizo a Domicilio nos 66 Concellos de menos de 20.000 habitantes a facelo tamén con cero euros”.
2.- “Malia o anterior, na Deputación, ademais de manter o POS, incrementamos, notablemente, con fondos propios ou da Unión Europea, buscando novas fórmulas de financiación, as programacións para asistir por igual aos veciños dos 67 Concellos. Ofrecemos gratis e directamente a todos os Concellos, por exemplo, plans de fomento do emprego, como o DEPUEMPREGO; do benestar, como o Servizo a Domicilio ou o de Teleasistencia; do aforro enerxético; das novas tecnoloxías, como o INNOVATE ou o Plan de TIC´s; do medio ambiente, como o Lug02 ou o estudo sobre a xestión de residuos; ademais das axudas de Cultura, Deportes ou Turismo”
O Presidente lembrou que “no 2016 estas programacións obxectivas e equitativas, superaron os 10 millóns de euros. Para este ano, tal e como adiante no Parlamento galego, sen coñecer os ingresos por parte do Estado para o Orzamento de 2017 e sen ter a liquidación do exercicio anterior rematada para coñecer os remanentes, pois estabamos en plena execución do presuposto de 2016; a previsión inicial era achegar unha cantidade mínimo e provisional de 12 millóns de euros a programacións obxectivos e equitativas nos 67 Concellos. Finalmente, unha vez coñecidos os fondos dos que dispoñemos, vamos a investir 10 millóns de euros do propio orzamento para 2017 e outros 10 millóns de remanentes”.
“Polo tanto, a distribución de fondos obxectiva e equitativa nos 67 Concellos non é ningunha novidade nesta Deputación, dende que a preside o Partido Socialista. O cambio neste 2017 é que o conxunto das distintas programacións que ofrecíamos aos municipios pasan a integrarse nun único plan, que leva por nome Plan Único”.
Novidades e melloras
Campos Conde subliñou que “evidentemente hai novidades e melloras” con respecto ao ano pasado, “pois quero, tal e como xa dixen o día da miña toma de posesión como Presidente da Deputación, avanzar na cooperación cos 67 Concellos e na asistencia aos máis de 300.000 veciños da provincia, atendendo a súas necesidades conxuntas, como son o impulso da economía, das infraestruturas, do emprego e do benestar; e tamén as súas necesidades específicas, dando unha maior autonomía aos municipios”.
A primeira novidade é o incremento ata os 20 millóns de euros nos fondos de todas as programacións obxectivas e equitativas que xa ofrecía o Goberno da Deputación a todos os Concellos e que agora integra nun único plan ou Plan Único.
“Facemos a súa distribución, atendendo ao número de habitantes, á superficie, ás entidades poboacionais e ao índice de envellecemento de cada municipio, establecendo un mínimo de 150.000 euros e un máximo de 500.000 euros por Concello para que os fondos cheguen en condicións xustas aos veciños”, explicou o Presidente. En base a isto, os municipios de Negueira de Muñiz e Rábade, que son de menos poboación e superficie na provincia, reciben preto de 190.000 euros; e os de Monforte de Lemos, Sarria, Vilalba, Lugo e Viveiro, con máis veciños e extensión, 500.000 euros.
Un mínimo do 50% para investimentos
Fíxase que como mínimo o 50% dos fondos que reciba cada municipio teñen que destinarse a novos investimentos, e que deberán achegar canto menos a mesma cantidade que recibiron o ano pasado para o POS, DEPUEMPREGO e SAF. Os Concellos terán total autonomía para decidir cales van a ser estes novos investimentos, como son as obras do POS; así como para acordar a que destinan o financiamento restante, cuns límites, que se comentan posteriormente, para gastos correntes, como son as actividades culturais, os eventos deportivos, feiras ou festas.
Reactivar a economía e impulsar as infraestururas, o emprego e o benestar
O Presidente explicou que “facemos isto porque o noso obxectivo con este plan é reactivar a economía da provincia, favorecendo novos investimentos e non novos gastos correntes, que cremos que en todo caso teñen que asumir as entidades locais; así como para potenciar as infraestruturas, o emprego e o benestar. En definitiva, queremos que os fondos públicos deste plan repercutan e beneficien a quen o ten que facer, que son aos máis de 300.000 lucenses da provincia”.
Campos Conde explicou que con estas medidas o Goberno Provincial garante que como mínimo máis do 70% dos 20 millóns de euros do Plan Único sexan para novos investimentos, emprego e benestar. Pois os 67 Concellos teñen que destinar canto menos un total de 10 millóns a novos investimentos, que representan o mínimo do 50% fixado, e mínimo total de 4,5 millóns de euros para prestar o Servizo a Domicilio (SAF) e xerar novos postos de traballos a través do DEPUEMPREGO.
Os Concellos deberán ter en conta que o POS é un investimento, así como que o SAF e o DEPUEMPREGO son gastos correntes, pois financian custos laborais dos traballadores. Poden incrementar os fondos mínimos establecidos para estas programacións.
Actividades culturais, deportivas, feiras ou festas
Precisamente, para que se fagan máis investimentos a través do Plan Único, o Goberno da Deputación establece un máximo de 1 millón de euros para custear actividades culturais e deportivas. Un Concello recibirán como moito 8.000 euros para cada caso. O límite de fondos para a feiras, mercados, festas de exaltación de produtos ou semellantes é duns 400.000 euros, pois un municipio recibirá 6.000 euros. Aínda os límites, o presuposto nestes eidos increméntase con respecto ao 2016, pois as subvencións para actividade culturais e deportivas non superaban os 2.000 euros e para ás das citas gastronómicas, que se incluían nas axudas nominativas, os 3.000 euros.
Anticipo do 80% e prazos
Unha vez aprobadas as bases no Pleno do vindeiro martes, estas publicaranse no BOP, abrindo un prazo de 1 mes para que os Concellos presenten os seus proxectos. O Goberno da Deputación ofrécelles un anticipo do 80% dos fondos totais que lles corresponden. “Con isto conseguimos inxectar nas arcas municipiais 16 millóns de euros de xeito practicamente inmedito”, subliñou Campos Conde.





















Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
Dende as 10 da mañá máis de 170 vehículos ocuparán o aparcamento de Coto ata as 13:30, cando partirán en caravana cara Arealonga. Alí permanecerán ata as 17:00, momento no que iniciarán a ruta pola estrada das praias, regresando ás 18:30 para a entrega de premios e a clausura, prevista para as 20:30. A cita reunirá máis de 300 participantes, con presenza de persoas chegadas de Pamplona, Bilbao e doutros puntos do Estado. O evento, organizado por retroclasicos_barreiros e co apoio do Concello, continúa a atraer amantes dos vehículos clásicos e a dar visibilidade á beleza de Barreiros.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.



