Lugo, 27 de marzo de 2017. A Deputación celebrou este luns un Pleno Extraordinario a proposta do PP, pois dita formación política rexistrou o pasado 17 de febreiro a solicitude desta sesión plenaria. Transcorridos os prazos legais para a súa convocatoria, esta tivo lugar no día de hoxe, atendendo á normativa vixente. O Presidente, Darío Campos Conde, non adiantou a celebración deste Pleno, pois antepuxo a aprobación do Orzamento da Deputación para 2017, convocando para elo un Pleno Extraordinario, que tivo lugar o 14 de marzo.
O Artigo 89 do Regulamento Orgánico da Deputación establece que “… no caso de solicitude de pleno extraordinario pola cuarta parte dos deputados provinciais, se o presidente/a non convocase o Pleno extraordinario solicitado, quedará convocado automaticamente para o décimo día hábil seguinte ao de finalización do prazo sinalado no artigo anterior, ás doce horas”. Pódese contrastar esta información en http://bit.ly/2o0kJIk
O Partido Popular decidiu finalmente retirar a súa proposta de Regulamento Orgánico (ROG) para a Deputación, que era o único punto da orde do día do seu Pleno Extraordinario, facendo perder tempo e cartos públicos á institución. No caso do Goberno, o único membro que tiña dereito a percibir dieta pola súa asistencia, renunciou á mesma.
Contradicións de Candia
As palabras da voceira do PP na Deputación de Lugo, Elena Candia, durante a sesión plenaria contradícense cos seus feitos, chegando a incorrer na mentira:
1.- Candia defendeu o “consenso e o diálogo” para a modificación do ROG. Sen embargo, tentou impoñer un texto sen ter en conta ás aportacións dos demais grupos políticos na Corporación Provincial, presentando hoxe a proposta exclusivamente do Partido Popular.
Non é a primeira vez, que esta formación política impón un Regulamento Orgánico, pois así o fixo no ano 1986. En contraposición, a proposta dun Presidente do PSOE na Deputación, creouse unha comisión especial coa representación de todas as formacións políticas na Corporación Provincial, que, conxuntamente, elaborou un novo ROG, aprobado por unanimidade definitivamente no 2011, tras reunións e traballo en equipo.
2.- Candia defendeu hoxe, por primeira vez, a creación dunha comisión de traballo, e ata animou ao Presidente a convocala. Estas palabras distan moitos dos seus feitos, pois no Pleno do 29 de decembro de 2016, cando o Goberno da Deputación lle propuxo crear este grupos de traballo, o PP de Candia dixo non. Pódese contrastar esta información en http://bit.ly/2n9z0i7.
O Goberno da Deputación segue a defender un ROG consensuado por todos os grupos políticos, que sexa aprobado pola unanimidade dos mesmos como o foi o actual, pois é o documento normativo que rexe o funcionamento da institución agora e no futuro, condicionando, polo tanto, a este e outras Corporacións Provinciais.





















Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



