Compostela 29-3-17. O secretario xeral de Compromiso por Galicia, Juan Carlos Piñeiro, mostrou a súa preocupación por este feito así como tamén pola previsible instalación en breve dunha granxa- factoría con 20.000 vacasen Soria, que será quén de producir o equivalente o 10% da produción galega de leite.
Debemos ter en conta que o sector lácteo galego vende arredor do 29% do leite producido en Galicia a empresas, ou a cooperativas, que non o transforman senón que logo o revenden a distintas empresas de transformación leiteira que están por toda España, xa que logo este tipo de granxas tanto polo seu deseño como pola situación xeográfica vai ter unha forte influencia no sector leiteiro galego
O goberno da Xunta coma o goberno do estado mostráronse incapaces de establecer estratexias para o desenvolvemento do sector leiteiro. Semellan descoñecer o potencial así como as necesidades reais do sector, e executan unha política limitada a unha simple adaptación pasiva ás directrices emanadas das políticas externas.
En CxG somos sabedores que estamos nun mercado libre, mais tamén temos que esixirlle a este tipo de instalacións xeradoras dunha grande cantidade de residuos que cumpra coas esixencias medioambientais e da auga. Esta granxa conta co apoio institucional da Deputación de Soria (PSOE) e tamén a apoia a oposición (PP), non vale mirar para outro lado, ou modificar a lexislación para que se adapte ás necesidades desta industria.
Si cada vaca xera ao día a cantidade de 25 a 30 kg de residuos teremos sobre 500.000 kg (500 t) por día, máis o consumo de auga, tanto para o consumo do gando coma para a obtención de forraxes como para a limpeza de instalacións, o cálculo que se fai e que gastará máis de 6 millóns de litros de auga ao día.
Dende logo este non é o modelo que CxG quere para o sector lácteo galego pero tamén somos sabedores de que este tipo de granxas (aínda que con menos vacas, sobre 1000 UGM) se están implantando en Alemaña e hai algunha proxectada en Francia.
Para Galicia debemos apostar por proxectos industriais grandes, pero adaptados as limitacións naturais do entorno, propios ou foráneos, que transformen leite que logo poida viaxar e non sexan só leite líquido(queixo, iogurt, pó…) e que os gandeiros poidan ampliar a súa base territorial para reducir custos abaratando a compra de insumos externos á explotación, en resumo apostar pola calidade e a sustentabilidade.
Por todo isto exposto dende CxG pedímoslle o presidente da Xunta, que aprenda do goberno vasco na defensa dos intereses do país e se sitúe en contra para así defender aos nosos produtores e por extensión ao noso rural. Solicitamos tamén que tanto PP como Psoe aseguren que non apoiarán iniciativas iguais para Galicia e que de verdade aposten e poñan en valor o rural galego incentivando a produción de calidade e sustentábel como un dos camiños para salvagardar o futuro do país.






















O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



