Ribadeo, 5 de abril de 2017. O Concello ven de rematar as obras de acondicionamento do solar que se utiliza como aparcamento na avenida Rosalía de Castro. O alcalde, Fernando Suárez, subliña que tamén se está a falar cos propietarios doutros solares para que sexan utilizados como aparcamentos públicos.
O rexedor anunciou que “despois dunha serie de días de traballo neste aparcamento en precario do que dispón o Concello, por autorización dos seus propietarios na avenida Rosalía de Castro ao pé do supermercado Gadis, hoxe están rematadas completamente estas obras que levamos facendo un tempo e que tivemos que parar días atrás por mor das choivas”.
Suárez Barcia manifestou que “agora está perfectamente acondicionado tendo en conta o que é, un aparcamento en precario dun propietario privado. Polo tanto estas actuacións quedan limitadas ao que estamos facendo. Non podemos botar aglomerado asfáltico nin facer unhas obras moi custosas porque seguramente o día menos pensado o promotor segue construíndo, posto que o plan xeral de ordenación municipal así o prevé. Aínda que tamén é certo que nesa traseira e no subsolo no plan xeral está contemplado un aparcamento público soterrado, pero iso resolverase cando se constrúa o edificio principal”.
O alcalde ribadense engade que “mentres tanto para os usuarios de toda esa zona, os visitantes e os veciños teñen ese aparcamento agora en perfecto estado, sen prexuízo ademais de que desde o Concello estamos falando con outros propietarios que teñen tamén solares, que os teñen agora mesmo vacantes, para que llelos cedan en precario, gratuíto, ao Concello e este comprométese a mantelos”.
Fernando Suárez declara que “é unha fórmula que estamos utilizando dende hai un tempo, e estanos indo razoablemente ben, pero sabendo como debe saber todo o mundo que estes solares que se utilizan como aparcamentos precarios teñen a duración ata que os seus propietarios decidan construír segundo o que está disposto no planeamento urbanístico municipal”.





















Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.



