Viveiro 5-4-17.Ante as declaracións realizadas polo Grupo Municipal do Partido Popular, en relación co proceso de selección de persoal para a piscina municipal, véxome na obriga de manifestar canto sigue:
O Concello de Viveiro acordou disolver a empresa municipal Turviveiro e asumir a prestación do servizo da piscina no pleno celebrado o 4 de novembro de 2015, considerando que a día de hoxe non é posible poñer en dúbida a xestión que se está realizando, que pode acreditarse co incremento de aboados, de actividades e de cursillistas.
O punto terceiro do acordo adoptado nese pleno dicía textualmente:
Terceiro.- Facultar á Sra. Alcaldesa para levar a cabo a tramitación necesaria en orde a facer efectivo o acordado nos puntos primeiro e segundo, así como para a realización dos procesos selectivos correspondentes para a selección do persoal laboral temporal necesario para a prestación do servizo. Esta selección efectuarase dando cumprimento ós principios de acceso ó emprego público establecidos no EBEP e demáis normativa aplicable; e realizarase con carácter transitorio, tendo en conta as necesidades urxentes e inaprazables desta Corporación en orde a manter o servizo en funcionamento polo seu interese xeral e prioritario para a poboación, en tanto se procede á realización dos trámites necesarios para dar cumprimento á normativa vixente en materia de persoal respecto ó acceso ó emprego público e no tocante á plantilla e relación de postos de traballo.
A composición dos órganos de selección queda regulada no Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público e na Lei 2/2015, de 29 de abril, de emprego público de Galicia. Segundo o establecido na normativa referida, os órganos de selección deben estar formados por funcionarios de carreira ou persoal laboral fixo. No Concello de Viveiro, nin naquel momento nin agora, existe persoal funcionario de carreira ou persoal laboral fixo suficiente para poder levar a cabo a selección de persoal, polo que resulta necesaria a colaboración doutras administracións.
Este é o motivo, polo que se solicitou a colaboración da Deputación Provincial de Lugo, tanto para a elaboración das bases como para a conformación do tribunal encargado do proceso selectivo.
As bases cumpren cos principios de acceso ó emprego público establecidos no EBEP e demáis normativa aplicable; poden gustar máis ou menos, pero axústanse á legalidade. Quero sinalar, con rotundidade, que non foron feitas a medida de ninguén e que puideron optar ás prazas, en igualdade de condicións, todos aqueles que cumprían os requisitos e posuían as titulacións esixidas, resultado que entre o persoal seleccionado algúns formaban parte con anterioridade da plantilla e outros non.
As insinuacións engañosas, as dúbidas e as críticas foron unha constante dende o inicio deste proceso. A oposición solicitou a convocatoria dun pleno para que, por parte desta alcaldía, se dera conta da información que se tivo en conta e os detalles técnicos que se aplicaron para a realización das bases de contratación do persoal da piscina municipal.
Ese pleno foi celebrado o 15 de decembro de 2015 e nel xa se explicou cales foron os criterios adoptados para a elaboracións das bases, coas que se quixo dar opción ao maior número de candidatos posibles; explicáronse, por activa e por pasiva, as razóns polas que se encomendou ao Departamento de Recursos Humanos da Deputación esta labor e xustificouse, en base á lexislación existente, que a competencia para a aprobación das bases corresponde á Alcaldía. Demostrouse que en ningún momento houbo oscurantismo nin opacidade e lembróuselles aos membros da oposición que, sendo coñecedores de que se estaban redactando as bases, non solicitaron en ningún momento unha copia do seu borrador, que esta alcaldía non tería inconvinte en facilitar.
Xa comparecín nese momento dando as explicacións oportunas e non teño intención de convocar un novo pleno por este motivo.
Este foi un proceso selectivo amplo e complexo atendendo ao número de prazas ofertadas e ao número de aspirantes. Cando unha persoa se presenta a unha convocatoria de emprego público ten toda a lexitimidade do mundo para reclamar no caso de disconformidade coa valoracion efectuada polo tribunal correspondente; isto é, ademais, lóxico e habitual neste tipo de procesos selectivos, nesta e en todas as administracións. Ocurríu anteriormente e continuará ocurrindo, precisante por ser esta unha das características dos procesos abertos, libres e transparentes, nos que os dereitos dos aspirantes están garantidos.
Neste caso en concreto, dous aspirantes -das 300 solicitudes presentadas a este proceso, aproximadamente- presentaron ante o xulgado competente as súas reclamacións por non estar conforme coas valoracións efectuadas. Os tribunais estimaron os seus recursos e este concello acata as sentenzas dictadas con total respecto á xustiza, como non pode ser doutra maneira.
O ocurrido non é consecuencia de mala xestión nin de deixadez e non entendo como o Partido Popular aproveita a situación para facer referencia a outras cuestións, como é o caso das incidencias da contabilidade detectadas en Aparcamentos A Mariña, que este concello comunicou á Fiscalía e ao Tribunal de Contas en canto tivo constancia e sobre a que o Tribunal de Contas xa se pronunciou, sinalando que non existen indicios para incoar un expediente de reitegro por alcance.
Non permito tampouco que ese grupo veña dándome leccións, cando pola súa mala xestión, entre outras sentenzas derivadas do seu goberno, este concello tivo que aboar uns 300.000 euros polo recurso presentado pola Fundación Biodiversidade, no que se solicitaba a devolución da cantidade concedida para organizar cursos de medio ambiente, dirixidos a empresas e autónomos, ao terse detectado graves irregularidades na súa tramitación.
Irregularidades certas e constatadas fronte ás acusacións e descalificacións que eu e os meus compañeiros de goberno soportamos durante os anos que durou a tramitación dos casos das licenzas urbanísticas por silencio e da ampliación de Vestas, nos que se chegou a falar de entramado urbanístico, que finalizaron en ambos casos coa nosa absolución. Aínda estou esperando o seu pronunciamento.
Estou cansada de escoitar expresións tales como “piscinazo” ou “tufillo dificil de soportar”, insinuacións que sin afirmar nin demostrar nada, empañan este proceso selectivo e poñen en dúbida tanto a miña honestidade como a do propio concello. Non vou permitir que o grupo municipal do Partido Popular continúe mentindo e calumniando gratuitamente e, a partir de agora, adopterei as medidas legais que se estimen convenientes para poñer fin a esta situación.
A alcaldesa
María Loureiro García





















Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.



