Nota de Prensa
O BNG DE FOZ PRESENTA AS SÚAS PROPOSTAS PARA INCLUIR NO NOVO FONDO ESTATAL DE INVERSIÓN LOCAL (PLAN E – 2010)
Foz a 5 de decembro de 2009.- O BNG acaba de presentar por rexistro de entrada do Concello de Foz as súas propostas de obras a incluír no Fondo Estatal de Inversión Local para o próximo ano 2010. A Foz correspóndenlle 1.068.100 € a distribuír en distintos proxectos destinados a mellorar a vida de todos os focegos. Desde o BNG, cremos que o destino destes cartos deben ir principalmente á creación de emprego, para paliar o impacto da crise económica nas clases traballadoras, así como a completar os servizos básicos da poboación que aínda están sen cubrir nalgunhas parroquias.
Como xa defendeu noutras ocasión é intención do BNG de que estes fondos estean distribuidos de forma o máis equitativa posible entre todas as parroquias de Foz
Desde esta óptica, o BNG presenta as seguintes obras e inversións para unha vez valoradas polos servizos técnicos do Concello, debatilas e consensualas cos demais grupos políticos da Corporación Municipal unha vez escoitadas as asociacións veciñais do Concello.
1.- Creación dun Viveiro de Empresas.
É evidente que un dos graves problemas que afrontamos nos próximos anos é a creación de emprego estable. Por eso o Concello de Foz ten a obriga de asentar as bases para paliar a crise e crear postos de traballo no noso concello.
Obxecto. O Viveiro de Empresas é unha estructura de acollida temporal pensada para situar a empresas nos seus primeiros pasos no mercado, acompañalas e prestarlles determinados servizos adaptados ás necesidades de cada proxecto empresarial, co fin de que, mediante unha xestión sen ánimo de lucro, facilítese o desenvolvemento xerminal de iniciativas de interese para Foz.
Constitúe un espazo físico que, combinando o ofrecemento de locais, formación, asesoramento e prestación de servizos, trata de cubrir as necesidades básicas de pequenas e medianas empresas, permitindo mellorar as súas expectativas de supervivencia.
Os obxectivos do viveiro son:
1. Favorecer o nacemento, arranque e consolidación de novas empresas.
2. Favorecer a xeración de emprego.
3. Diversificar a estructura productiva local, favorecendo a instalación de empresas de carácter innovador.
2.- Executar o Saneamento Integral de San Acisclo, Santa Cilla e Cordido.
Hai moitos anos que estas parroquias demandan a colocación do saneamento non núcleos habitados e tamén foron moitas veces as que os mandatarios locais prometeron resolver o problema. Esta é unha ocasión inmellorable para levar un servizo básico a este núcleos rurais ou a outros que estean na mesma situación.
3.- Mellora na recepción da TDT e da ADSL en todas as parroquias.
O BNG de Foz ten feito publicamente xa varias denuncias dando conta da deficiente recepción da Televisión Dixital Terreste (TDT) no noso concello. Parece ser que a falta de recepción destes canais remóntase a semana santa en que a empresa operadora quedou en resolver os problemas nun tempo estimable de dous meses pero ao día de hoxe –8 meses despois- aínda non os teñen resoltos.
É necesario, a poucos meses do apagón analóxico, garantir a boa recepción da televisión dixital en todo o Concello de Foz a través da colocación de reemisores en zonas estratéxicas e da instalación da tecnoloxía necesaria para resolver ditas deficiencias.
4.- Supresión de barreiras arquitectónicas nos edificios e vías públicas (incluíndo os centros sociais veciñais onde existan).
É unha evidencia que actualmente o Concello de Foz incumpre a lexislación sobre supresión de barreiras arquitectónicas e promoción da accesibilidade (Lei 5/1994, de 19 de xullo ou Lei 8/1997, de 20 de Agosto). Polo que é un deber do Concello –como administración pública- facilitar a accesibilidade das persoas con limitacións a todos os centros de carácter público. De forma constatable non cumpren coa normativa os centros sociais de Fazouro, San Martiño, Cordido ou San Acisclo.
5.- Plan de Aforro Enerxético do Concello.
Esta proposta foi aprobada no pleno da corporación en novembro de 2007, estando aínda sen executar. O BNG ve moi necesario a posta en marcha dun plan co fin de levar a cabo medidas de uso racional da enerxía eléctrica no Concello de Foz, tanto nos edificios públicos como na iluminación exterior, por medio do cal se consiga unha reducción de custos por utilización de enerxía eléctrica.
Medidas:
1. Maior aproveitamento da luz solar ou a mellora do illamento de todos os edificios públicos,
2. Substitución progresiva da calefacción eléctrica de todos os edificios públicos por outras enerxeticamente máis eficientes (como por exemplo, o gas natural), establecemento de sensores de movemento nos corredores para conectar e desconectar a iluminación, apagado centralizado dos aparellos eléctricos (por exemplo, ordenadores) cando finaliza o horario laboral, etc.
3. Establecemento de placas solares fotovoltaicas naqueles edificios públicos que reúnan as condicións adecuadas para eso.
4. Verificación dos actuais niveis de iluminación existentes e planificar axustes requiridos en canto a iluminación necesaria en diferentes zonas do concello
5. Utilizar unicamente lámpadas de baixo consumo ou a substitución progresiva de todos os farois existentes ao longo das estradas e zonas pouco habitadas por farois que conten coa súa correspondente
placa solar fotovoltaica.
Con carácter xeral o Concello de Foz deberase fixar como obxectivo a reducción do consumo eléctrico actual nos seus edificios e instalacións en polo menos un 20%.Todas estas medidas, xunto con outras que poidan xurdir dentro do Plan, servirán para que o Concello de Foz reduza considerablemente os gastos en consumo de enerxía eléctrica o que redundará en beneficio das arcas municipais, do medio ambiente e do benestar dos veciños.
6.- Recuperación e conservación de áreas naturais e masas forestais
Esta proposta incluiría adecuación e recuperación de masas comúns do Concello, limpeza e ampliación de camiños forestais (cara a prevención de incendios) e rexeneración dos ríos do Concello.



















Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



