Nota de Prensa
O BNG DE BURELA CONSIDERA UNHA DESVERGOÑA QUE O PP SUPLANTE AO GOBERNO DE TODOS OS GALEGOS E GALEGAS PARA ANUNCIAR OBRAS XA COMPROMETIDAS POLO GOBERNO ANTERIOR QUE ESTIVERON PARALIZADAS POR FALTA DE XESTIÓN DO GOBERNO ACTUAL
É certo que foi un goberno do PP o que construíu a escola Infantil de Burela. É tamén certo que ao pouco tempo a escola xa tiñas importantes deficiencias de seguridade e de humidade. É tamén certa a irresponsabilidade do SR. Barcia, que como alcalde pretendía que se abrise a ampliación da escola sen preocuparlle se cumpría cunhas mínimas e axeitadas medidas de seguridade.
É tamén certo que o PP nalgúns concellos fixo garderías (nunca escolas infantís) costeando o 100% das obras e asumindo a xestión pública das mesmas, mentres que en Burela subvencionaron tan só unha parte e non quixeron saber nada da xestión.
É verdade tamén que privatizaron a xestión da “gardería” e que pagaban tarde e mal aos encargados da xestión da mesma.
Tamén é real que as familias co PP tiñan que pagar a práctica totalidade do servizo de comedor e transporte.
Ante todos estes despropósitos o BNG dende o goberno da Xunta , creou o Consorcio Galego de Servizos Sociais e mudou as prácticas nefastas do PP asumindo a xestión pública destes centros educativos e tratando a todos os concellos en condicións de igualdade á hora de financiar a construción e xestión destes centros educativos.
No caso concreto de Burela, o goberno anterior mellorou notablemente a Escola Infantil, as súas condicións de seguridade, aumentouse o persoal, os horarios e os servizos complementarios, reducindo considerablemente as aportacións económicas que tiñan que realizar as familias por estes servizos e ao mesmo tempo melloráronse as condicións laborais e económicas do persoal educativo do centro.
Para resolver as deficiencias herdadas do goberno do PP (humidades escandalosas e outras) estaba xa realizado o proxecto de mellora e comprometida a financiación, estando previsto acometer as obras durante o verán pasado para deste xeito non entorpecer o curso.
Coa chegada do Sr. Feijoo ao goberno paralizan e ralentizan as obras, volven a encargar outro estudio, perdendo tempo e diñeiro, e agora, con varios meses de retraso anuncian a obra con total desvergoña, e non o anuncia o goberno senón o propio PP de Burela. Como podemos observar fano tarde, mal e mentindo coma sempre e o que é peor prexudicando gravemente ás familias usuarias da escola que se verán afectadas como consecuencia da realización das obras en pleno curso escolar.
Non hai polo tanto nada novo, nada que non estivera previsto. O que hai son retrasos neglixentes, cinismo e falacias permanentes para ocultar o incumprimento das súas demagóxicas promesas como a falta de investimento para unha nova escola Infantil prometida polo incontinente deputado popular Sr. Balseiro. Unha vez máis demóstrase que a Burela vaille moito peor co goberno do PP na Xunta de Galicia.






















Este ano, como novidade, as crianzas participantes neste programa están a desfrutar de sesións de inglés dunha forma lúdica, dinámica e divertida, grazas á colaboración da English School de San Cibrao. A través de xogos, cancións, actividades participativas e moita creatividade, os nenos e nenas reforzan a aprendizaxe do inglés nun ambiente distendido, fomentando a comunicación, a curiosidade e a confianza para expresarse noutra lingua.
A mostra reúne imaxes tomadas en Galicia, Cataluña, Aragón, Andalucía, Senegal e Escocia, ofrecendo un percorrido pola biodiversidade e polos vínculos entre distintos ecosistemas. O fotógrafo, naturalista especializado en ornitoloxía, invita a contemplar a natureza cunha mirada pausada e consciente a través de 50 especies de fauna. Permanecerá aberta ata o 29 de xullo.
O Grupo Sargadelos adquiriu todos os bens inmobles, maquinaria e fondo de comercio de Burelarte S.L. As naves, de máis de 3.000 m² e os terreos anexos, con máis de 4.000 m², destinaranse a ampliar e mellorar a capacidade produtiva das empresas do grupo. Ademais, Sargadelos integrará a maior parte da plantilla de Burelarte e tentará manter viva a marca BurelaRTe, recoñecida pola súa calidade no gres porcelánico, sempre que a autoridade laboral o permita.
Nesta ocasión contará, ademais de cos anfitrións A Subela, como grupo convidado ao Grupo Folclórico e Etnográfico do Cimeiro, procedente de Soure, en Portugal, que participa dentro dun intercambio cultural. A organización destaca que será unha edición especialmente significativa e anima ao público a non perdela. Terá lugar o 18 de xullo, ás 21:00 horas, na Praza Conde de Fontao, de Foz.
Polos micrófonos pasaron entre outras as concelleiras de Cultura e Turismo: Begoña Sanjurjo e Marta Saíz; o alcalde, Dani Vega; a pdta de Acisa, Carmen Cruzado; a dtra da Coral Polifónica de Ribadeo, Mari Carmen Rdez Cancelo; a pregoeira, María Xosé Porteiro ou Ángel Terry, membro do afamado grupo de son cubano, Estrellas de Buena Vista y más que foron os encargados de pechar o evento na xornada do domingo.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, e o concelleiro Adrián Arias non quixeron perderse a cita e foron os encargados de facer entrega dos premios ás persoas gañadoras, felicitando a todos os participantes polo seu esforzo e polo gran nivel demostrado durante a competición. Desde o Concello de Cervo expresaron o agradecemento á Asociación Cabaleiros da Bidueira polo excelente traballo de organización, así como a todas as persoas colaboradoras, participantes e público asistente que fixeron posible o éxito desta terceira edición.
María José Gómez, participou este sábado nos actos de celebración do XI Ribadeo Indiano.



