Lugo 10-4-17. Máis de 250 persoas participaron de xeito totalmente gratuíto nas actividades que o Goberno da Deputación organizou os días 31 de marzo, 1 e 2 de abril para conmemorar os Días Europeos da Artesanía.
O Goberno Provincial programou durante esa fin de semana un total de 3 roteiros para visitar obradoiros de artesáns de toda a provincia; así como unha xornada de portas abertas no CENTRAD, no que puideron visitar a Exposición Plastishistoria da Ciencia, a Colección de Instrumentos Musicais, e os obradoiros do Moble, do Libro e Instrumentos Musicais.