Mondoñedo, 10 de abril de 2017.- A alcaldesa de Mondoñedo, a popular Elena Candia, fixo entrega esta mañá dos primeiros cheques infantís con axudas económicas dirixidas ao fomento da natalidade. Candia explica que “dende o Goberno local estamos a impulsar iniciativas dirixidas a incentivar a número de nacementos e fomentar o asentamento poboacional en Mondoñedo, para reverter un dos principais problemas que afectan á nosa cidade, que estar a sufrir un acusado despoboamento e envellecemento”.
Así, dentro do paquete de medidas para o fomento da natalidade promovido polo Goberno local, a alcaldesa entregou hoxe os primeiros cheques a catro familias, dun importe de 300 euros por unidade, que lles permitirá, segundo explica a popular, “paliar os desembolsos económicos que supón a incorporación dun novo membro a unidade familiar nos primeiros meses”.
Estas axudas económicas dirixidas ao fomento da natalidade, réxense mediante procedemento ordinario en réxime de concorrencia competitiva, co obxecto de que dende a administración pública local “nos impliquemos en reverter a constante que se está a dar no municipio”. “O descenso de poboación e do índice de natalidade é unha constante na maioría dos concellos de Galicia e, como non, tamén neste concello, polo que unha das medidas que consideramos importante poñer en marcha para paliar este fenómeno é a do fomento da natalidade con axudas económicas para as familias, pretendendo tamén fixar poboación”, analiza Candia.
Características da subvención
Segundo a ordenanza que regula estas axudas económicas que concede o Concello de Mondoñedo, establécense como beneficiarios os proxenitores, xa sexan casados, parellas de feito ou familias monoparentais que teñan fillos e os adoptantes de nenos/as de ata 3 anos. Deben cumprir como requisitos, residir un dos proxenitores no Concello con carácter efectivo e acreditado con polo menos seis meses de antigüidade, mentres que o menor terá que ser empadroado por primeira vez neste Concello e convivir cos solicitantes no mesmo domicilio e continuar residindo no municipio durante os dous anos seguintes a data de nacemento.
En canto ás contías das axudas, establécense 500 euros para Unidades familiares con Renda Per Cápita igual ou inferior a 3,5 veces o IPREM, sinalado para o ano correspondente; mentres que 250 euros para unidades familiares con Renda per Cápita superior a 3,5 veces o IPREM. As familias numerosas recibirán o 50% mais da contía determinada segundo os ingresos da unidade familiar; ao igual que será maior tamén a contía en caso de discapacidade.
Por último, Elena Candia reiterou que dende o Goberno local se está a facer unha forte aposta por desenvolver iniciativas que permitan fomentar a natalidade, fixar poboación e conciliar a vida familiar e laboral. Así, o Concello de Mondoñedo xunto ás medidas para incentivar a natalidade con axudas directas por nacemento, tamén está a avanzar en iniciativas como ter un servizo global de conciliación ou incluso apoiar a creación dun servizo de canguros para que os pais podan conciliar a vida familiar e laboral.





















Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
O acto será este venres, 8 de maio, ás 20.30h na biblioteca El Viejo Pancho, conducido por Xermán Viluba.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.



