Burela 13-4-17. Vista Alegre volve tornarse decisivo. Este venres, na xornada 28, acollerá unha das dúas finais que quedan na Bomboneira (18.30 horas) para seguir CRENDO, SOÑANDO e DELEITÁNDONOS co mellor fútbol sala, co fútbol sala de elite. O Ríos Renovables Zaragoza FS será o inimigo a bater, que recala na Mariña na 10ª praza, pelexando por coarse en postos de play off: “Para nós é un partido transcendental, xogámolo todo. Estamos ao límite, se pinchamos practicamente estamos descendidos e somos conscientes da importancia. Despois da traxectoria e do traballo destes anos, tanto club coma equipo merecemos seguir en Primeira. Todo o equipo é consciente de que un descenso sería un mazazo para a vila e para o club, por iso pelexaremos ata o final por evitalo” explicaba un dos capitáns laranxas, Iago Míguez.
A Bancada Laranxa volverá a ser o osíxeno dos mariñáns: “A súa axuda vai ser fundamental. Pedimos unha vez máis o seu apoio porque neste partido, máis ca nunca, a bancada de Vista Alegre vai ser determinante para que consigamos os tres puntos” dicía Iago Míguez.
O 5 burelista confía nos seus para festexar a vitoria fronte a un rival cunha defensa atípica para ante a que o Pescados Rubén tivo dúas semanas para prepararse: “Estamos bastante fastidiados pola situación, pero tamén estamos convencidos de que o podemos sacar adiante. Temos xogadores de grandes calidades e con capacidade para solventar esta difícil situación e seguir loitando. O descanso da semana pasada veunos ben; estámonos preparando a conciencia para medirnos a un rival cunha defensa totalmente diferente ao resto da liga. Chegaremos ben para loitar polos tres puntos e seguir con posibilidades de manternos en Primeira” concluía Iago.
Entrada gratuíta. Vista Alegre terá as súas portas abertas de forma gratuíta para todos os afeccionados/as ata as 18.00 horas. Durante o descanso, socios e non socios poderán optar a sorteos.


















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Son 15 os postos instalados nos que os asistentes poderán atopar complementos de moda e téxtis, marroquinaría, xoiaría, teas, sombreirería, bixutaría, xoguetes ou esmaltes. Esta feira está percorrer diversas localidades e cidades galegas para dar a coñecer o traballo dos artesáns galegos. Polo recinto pasaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Comercio e Turismo, Marta Saiz.
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna hoxe ao monolito da Cadeir a, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show mañá, ou unha ruta turística o domingo. Ademais, haberá sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
