A Mariña, 25 de abril de 2017. O plan Avanza, o cambio do estatutos para admitir a Viveiro na Mancomunidade ou a creación dunha oficina turística virtual no Cenima de Foz foron algúns dos asuntos abordados nas últimas horas no pleno ordinario deste ente celebrado en Lourenzá. O presidente da Mancomunidade, Alfredo Llano, convocará a unha xuntanza aos alcaldes dos Concellos comprendidos entre Ribadeo e Ferrol para falar da situación pola que atravesa o tren ao seu paso por esta zona.
Llano contou que “no pleno tomou posesión unha vocal representante do Concello de Cervo, Manuela Méndez Álvarez, que substitúe a José Manuel Balseiro neste posto. Outro tema abordado foi a adxudicación do contrato do servizo de formación específica para o programa integrado de emprego, que é unha empresa que contratamos para que imparta a docencia do programa Avanza, no cal estamos seis concellos traballando perfectamente. Entonces a partir de agora, unha vez que está aprobado, trataremos de que o antes posible se poña a traballar esta empresa para ir rematando o que está programado para que esta xente teña inserción laboral ao final do curso. Xa saben todos que polo menos 21 persoas van estar empregadas durante tres meses como mínimo en diferentes empresas dos concellos da Mancomunidade”.
A integración de Viveiro na Mancomunidade foi outro dos asuntos que se analizaron no pleno, celebrado onte en Lourenzá: “tamén se tratou o expediente de modificación dos estatutos para integrar ao Concello de Viveiro na Mancomunidade e agora soamente falta que sexa publicado no DOG. Despois diso faremos un pleno extraordinario para asumir ao Concello de Viveiro como integrante en todos os aspectos da Mancomunidade. Calculamos que a finais desta semana ou a principios da que vén saia publicado xa o cambio estatutario para poder incorporar a Viveiro na Mancomunidade, algo que realmente xa nos tarda a todos”.
A creación dunha oficina virtual do turismo no Cenima, en Foz, tamén se debateu na xornada de onte. Alfredo Llano explicou que “estivemos falando tamén doutro asunto que nos parece importante, como é crear no edificio do Cenima, de Foz, unha oficina virtual do turismo da Mariña. Estamos todos de acordo en que isto vaia para diante coa axuda da Axencia Galega de Turismo e doutras entidades como a Deputación para ter alí unha exposición e unha guía con información permanente de todo o que respecta aos 16 concellos que conformamos A Mariña para ofrecer unha información interactiva. Queremos que sexa unha referencia estable situada no baixo do edificio do Cenima, que abarca uns 200 metros cadrados e é unha superficie suficiente para poder ocupala con contidos que poñan en valor e indiquen claramente como se pode mover a xente nos concellos da Mancomunidade. Todo o mundo está de acordo e por tanto vanse dar os pasos que fagan falta para que o antes posible poidamos ter asentada no edificio do Cenima, en Foz, por iniciativa deste Concello, unha referencia turística clara de interese para toda a comarca. É unha boa noticia para os concellos que conformamos a Mancomunidade”.
Sobre a situación pola que está a atravesar o ferrocarril na Mariña o presidente da Mancomunidade sinalou: “estase esquecendo o carácter social e vertebrador deste servizo público, que nosoutros queremos non só manter senón tamén potenciar, porque consideramos todos que é un servizo que hai que ter na Mariña porque ten que axudar ao desenvolvemento integral, turístico e social do transporte na Mancomunidade. Estivemos analizando isto e todo o mundo está de acordo en que queremos o servizo e entón o seguinte paso que imos dar é convocar unha reunión á que vamos invitar a todos os alcaldes da Mancomunidade da Mariña e aos da provincia da Coruña que tamén está afectados; ou sexa, queremos facer unha reunión conxunta dos alcaldes dos concellos de Ferrol a Ribadeo para estudar o tema e ver como podemos facer para que isto non vaia a menos senón que vaia a máis. É o que temos que trasladar”.



















A artista manchega, coñecida pola súa mestura de raíz tradicional e sonoridades actuais, ofrecerá un directo íntimo e cheo de forza o sábado 20 de xuño ás 22:30 horas. Será unha noite para gozar da música con calma, entre amigos, nun ambiente próximo e acolledor, onde as cancións se comparten case como se fose unha conversa arredor dunha mesa. As entradas xa están dispoñibles en woutick!, polo que se recoméndase adquirilas con antelación para non quedar sen sitio nesta cita única.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



