A Mariña 2-5-17. Durante este pasado mes de Abril os membros da Asociación de Artes Marciales Orientales da Mariña, co seu mestre Miguel A. Rojo Darriba á cabeza, viaxaron ata a milenaria China para ahondar nos coñecementos dunha das Artes Marciais que practican, o TaiJi Quan. Na viaxe os membros da asociación disfrutaron aprendendo así coma ca cultura e a bondade da xente do venerable pobo chino, e é que tamén tiveron tempo para sair e ver outro estilo de vida e empaparse da idiosincrasia oriental. O periplo comeza nunha das cunas do Tai Ji Quan, na rexión de Chen Jiagou, donde puideron aprender e practicar na Escola Tai Ji Quan en Chen unha forma de 19 movementos. A posibilidade de asistir a cuna deste Arte Marcial Chino para poder ver in situ aos grandes Mestres e poder aprender deles é unha das principales características que rodean a esta Asociación que sempre trata de conservar o valor tradicional que tódalas Artes Marciais que practican.
Aínda que a finalidade da viaxe é de estudos, tamén cabe destacar o gran compoñente cultural que o mesmo tivo. As visitas guiadas estiveron programadas tamén na axenda e levantaron expectación e admiración entre estes mariñáns en terras lonxanas. Puideron visitar as Grutas de Longmen, un complexo de grutas situado entre dúas montañas, cunha distancia aproximada dun kilómetro de largo, nas que se atopan numerosos obxetos budistas que a súa vez son algunhas das esculturas máis antigas de China, sendo dende o ano 2.000 Patrimonio da Humanidade pola Unesco. O complexo consta con 2345 grutas e nichos, 2.800 inscripcións e cerca de 100.000 imaxes budistas. Entre elas destaca unha imaxe de Buda de 17 m de alto, tamén destaca polo seu valor cultural a chamada gruta das Preinscripcións Médicas con máis de 120 remedios esculpidos na pedra para curar enfermedades
Na mesma rexión visitamos o Templo BaiMa, o primer templo budista da República Popular China, que data do ano 68, aínda que en comparación con outros templos éste é pequeno, está considerado como a cuna do budismo chino. Outra das atracción foi disfrutar da Festa da Flor de Mudan no Xardín Nacional de China, nel asistimos á floración da considerada culturalmente como a flor nacional de China, ainda que debido aos cambios políticos a comenzo do S.XX esta pasou a ser a flor do ciruelo.
Como parte do viaxe de estudos marcíais era cita obrigada a visita o Templo Shaolin, na montaña de Song. Esta montaña de Song é unha das cinco montañas sagradas do Taoísmo, sen embargo esta é a máis visitada das cinco ao largo da historia polos emperadores. O monasterio de Shaolin, que significa monasterio do bosque xoven, é o templo budista máis coñecido en Occidente, máis pola súa conexión coas Artes Marciais chinas como é o Kung Fu que polo budismo. O monasterio xunto o seu Bosque de Pagodas foi inscrito como patrimonio da humanidade no ano 2010.
Para os membros da Asociación poder establecer lazos tan cercanos no mesmo seno dos artes marcíais que practican aportalles un valor añadido difícil de encontrar en calquer outro lugar donde se practiquen artes marcíais orientáis. Poder entrar no monasterio que xunto cos seus monxes han inspirado ao longo da historia a algúns dos estilos máis renombrados do mundo é unha experiencia difícilmente descriptible, e é que o Shaolin Kung Fu é considerado un dos tesouros culturais de China con presenza e recoñocemento en todo o mundo
Finalmente, e coa satisfacción de haber aprobeitado o tempo ata o último segundo do viaxe os mariñanos regresaron procedentes da ciudade de Znegzhou con ganas de amosarlles os coñocementos e as vivencias a tódolos compañeiros de adestramento.























A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
O sindicato denuncia a decisión unilateral da empresa de retirar días de descanso e implantar quendas que dificultan a conciliación. As concentracións serán nos centros de traballo de Foz (Uxío Novoneira s/n) e Ribadeo (Avda. Galicia 27). Lémbrase que non é unha folga e apélase á solidariedade da plantilla para defender as condicións laborais conquistadas.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
Os servizos sanitarios trasladaron ao hospital a tres persoas implicadas nunha colisión frontal en Castro de Rei. Unha delas tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Vilalba. Contra as 11:15 horas deste martes, un particular informou ao 112 Galicia dun choque entre dous vehículos no quilómetro 71 da N-640, á altura da parroquia de Viladonga. Desde o punto, os alertadores sinalaron que unha persoa permanecía atrapada. Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros liberaron á persoa, que foi trasladada xunto con outros dous feridos ao hospital en ambulancia.



