MONDOÑEDO .- A Casa da Xuventude de Mondoñedo acolleu a primeira parte das actividades que A Tradescola, escola de música tradicional xestionada pola Asociación de Gaiteiros Galegos, desenvolverá estes días na vila. Durante máis de unha hora Bruno Villamor e Emilio Mesías fixeron un percorrido pola evolución dos instrumentos e formacións musicais que progatonizaron a historia da música galega nos últimos dous séculos ante case 100 alumnos de primaria que asistiron ao concerto.
Nota de Prensa
A TRADESCOLA INICIOU HOXE CON GRANDE ÉXITO AS XORNADAS SOBRE A MÚSICA TRADICIONAL GALEGA EN MONDOÑEDO
Os mestres da Tradescola, Bruno Villamor e Emilio Mesías cautivaron aos alumnos do CEIP Álvaro Cunqueiro de Mondoñedo amosándolles os instrumentos, a historia e a evolución da música tradicional galega
Lugo, a 9 de Decembro de 2009. A Casa da Xuventude de Mondoñedo acolleu a primeira parte das actividades que A Tradescola, escola de música tradicional xestionada pola Asociación de Gaiteiros Galegos, desenvolverá estos días na vila. Durante máis de unha hora Bruno Villamor e Emilio Mesías fixeron un percorrido pola evolución dos instrumentos e formacións musicais que progatonizaron a historia da música galega nos últimos dous séculos cautivando aos case 100 alumnos de primaria que asistiron ao concerto. Cunha gran acollida, por parte do numeroso público asistente, estes dous mestres da Tradescola amosaron os distintos ritmos, formacións e instrumentos protagonistas da música tradicional e popular galega.
Estas xornadas, que se iniciaron hoxe na Casa da Xuventude de Mondoñedo cun concerto didáctico adicado a escolares, continuarán o día 13 tamén na Casa da Xuventude con un curso de gaita que estará guiado por Bruno Villamor e Emilio Mesias, dous mestres de reconocido prestixio no eido da música tradicional. O curso de gaita, con obradoiros de iniciación e perfeccionamento, iniciarase ás 11.00 h. e rematará ás 20.00 h.
A Tradescola ten como obxectivo ofrecer formación a todas as persoas interesadas na música tradicional e poder colaborar con asociacións de toda a provincia, a través da realización de actividades relacionadas co ensino da música e baile tradicionais. A actividade da escola, aínda que centrada en Lugo, trasládase así, a través de diversas accións formativas, ás distintas comarcas da provincia.





















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



