Ribadeo, 22 de maio de 2017. O Concello ven de pedirlle á Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao a revisión de oficio do seu acto de concesión administrativa para instalación de uso hostaleiro no faro da Illa Pancha. O alcalde, Fernando Suárez, manifesta que esta decisión prodúcese a raíz dos pronunciamentos do Defensor del Pueblo nos que advertía de graves irregularidades na tramitación dese expediente por parte da Autoridade Portuaria.
O rexedor explicou que “acabamos de instar formalmente á Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao para que proceda á revisión de oficio do seu acto de concesión administrativa para instalación de uso hostaleiro no faro da Illa Pancha. A Autoridade Portuaria é o organismo dependente do Ministerio de Fomento e é titular da Illa Pancha e responsable tamén da concesión administrativa outorgada no seu momento a unha empresa para a conversión dun edificio que está enclavado nunha parte da illa, o antigo faro, como uso hoteleiro”.
Suárez Barcia sinalou que “esta decisión que acabamos de adoptar transcende desde o punto de vista administrativo, e ben dada a raíz dos pronunciamentos de hai meses do Defensor del Pueblo, e dos que tivo coñecemento este Concello, nos que advertía de graves irregularidades na tramitación dese expediente por parte precisamente da Autoridade Portuaria, fundamentalmente sinalando a omisión do trámite medioambiental”.
O alcalde subliñou que “despois de que en dúas ocasións este Concello se dirixira formalmente á Autoridade Portuaria, concretamente o 22 de febreiro pasado e reiteramos un escrito o 29 de marzo, para pedirlle que aclararase esas supostas graves deficiencias de tramitación, e non tendo a día de hoxe resposta formal de ningún tipo pola súa parte, algo que nos parece inconcebible desde o punto de vista ético e legal, sobre todo”.
Fernando Suárez indicou que “por todo isto debemos considerar que efectivamente o que manifestou o Defensor del Pueblo debe considerarse correcto. Polo que, aplicando formalmente un precepto da lei de procedemento administrativo, queremos instar á Autoridade Portuaria para que proceda á revisión de oficio por nulidade de pleno dereito na tramitación deste acto administrativo de concesión”.
O alcalde ribadense engadiu que “agora eles estarán obrigados a comunicarnos a resolución que vaian adoptar, toda vez que desde o Concello queremos garantir a legalidade e a seguridade xurídica de todas as actuacións da administración e particularmente as que adopta o Concello de Ribadeo, co fin exclusivo de evitar, se fora o caso, prexuízos de imposible ou difícil reparación, como ben puideran ser as responsabilidades patrimoniais”.





















A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.



