NOTA DE PRENSA
Veiga denuncia que o voto do PP no Parlamento retrasa en catro anos a entrada en funcionamento da VAC
Alcaldes e Concelleiros reúnense hoxe en San Sadurniño para debater sobre a VAC Barreiros-Ferrol
O BNG afirma que o PP desautoriza a Barreiro
A oposición do Partido Popular no Pleno do Parlamento de Galiza a votar a favor dunha proposición non de lei do Bloque Nacionalista Galego vai significar un retraso na entrada en funcionamento da VAC Barreiros-Ferrol de catro anos. A iniciativa nacionalista non pretendía outra cousa que respectar o prazo de execución das obras que viña recollidos nos orzamentos de 2009, que fixaba un cronograma que poñía data de remate as obras en 2013 e que consignaba as partidas suficientes para que o vial estivera listo nesta data. “É unha auténtica tomadura de pelo que o PP fai un ano se estivese manifestando en Vicedo porque entendía que a data de remate se alongaba en demasía no tempo e que agora non teñan problema algún en retrasa-la catro anos máis. Sería bo que o PP explicase as razóns deste cambio de postura. Tampouco estaría de máis que os populares lle explicasen aos veciños da Mariña que queren dicir cando falan de que por primeira vez esta obra conta cun cronograma, posto que á vista do dito parece que non saben moi ben que significa este termo, agás que nos queiran indicar que Cascos e Cuíña enganaron aos veciños da Mariña en 2001” afirmou Veiga.
O Bloque Nacionalista Galego considera que o sentido de voto dos deputados populares no Hórreo deixa en evidencia a moitos concelleiros, alcaldes e dirixentes populares da Mariña, Ortegal e Ferrol na medida en que a proposición non de lei que rexeitaron é idéntica na letra a iniciativa aprobada en forma de moción por unanimidade na Deputación de Lugo.”O PP non está só faltando as expectativas de moitos veciños das Comarcas afectadas coa súa decisión senón que está emendando o sentido de voto de moitos dos seus Alcaldes e cargos institucionais. Tanto é así que o PP Galego co seu voto no Parlamento está desautorizando o propio Presidente provincial do PP de Lugo, Xosé Manuel Barreiro, que no Pleno da deputación votou a favor desta iniciativa. Outra vez repitese o conto do PP que xoga cun duplo discurso defendo unha cousa na Comarca e defendendo outra distinta en Compostela. Aos populares da Mariña cando cruzan a Xesta ou a Gañidoira parece que lles cambian as ideas. Os mariñaos non nos merecemos uns representantes públicos que estean instalados no oportunismo político”,indicou Veiga.
Veiga que participará hoxe, coa totalidade dos cargos electos do nacionalismo na Mariña nunha xuntanza en San Sadurniño ao que acudiran concelleiros e alcaldes do BNG e do PSOE da Mariña, Ortegal e Ferrolterra, anunciou que a falta de vontade política do PP en rectificar a planificación viaria do norte galego, necesariamente vai converter nun problema social a execución deste vial. “Non podemos consentir unha planificación viaria que prime unhas zonas de Galiza, discriminando ao norte galego. O PP trasladando para 2017 o remate dos tramos de Espasante, Cariño, Maañón,Vicedo e Viveiro pretende situar a estes Concellos na cola de Galiza. Mesmamente deixando sen rematar estes tramos, o que están e deixando sen utilidade o conxunto da VAC. Non deixa de ser curioso tamén que deixen para o final os tramos de máis dificultade técnica, segundo explicou o Conselleiro Hernández, non será que xa está buscando outra escusa para adiar aínda máis no tempo a obra “ preguntouse Veiga.
O Responsábel Comarcal do BNG, non quixo adiantarse sobre os resultados da xuntanza de San Sadurniño, se ben afirmou que “non debe haber ningún problema para definir unha posición, posto que todos, agás a Consellaría e os Parlamentarios do PP, coincidiamos en que esta obra ten que estar rematada en 2013 e que a Xunta ten que consignar cando menos os fondos recollidos no orzamento de 2009 para a mesma. Tanto é así que estamos convencidos que tamén haberá Alcaldes do PP que se sumen a esta mesa de representantes institucionais en coherencia co que veñen de votar estes días nos seus respectivos Concellos”.O Portavoz Nacionalista indicou que é o momento de poñer os intereses da Comarca por riba das estratexias de partido e nese sentido lamentou que o Goberno Galego lle obrigase ao PP de Lugo a saírse do consenso sobre esta reivindicación, consenso que quedou reflectido no Pleno da Deputación.” É obvio que esta actuación non é unha prioridade para o Goberno Galego, pero este proceder evidencia tamén a falta de peso do PP de Lugo e en particular da Comarca na Xunta de Galiza.” , rematou Veiga.



















O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.