Burela, 25 de maio de 2017. Este domingo, 28 de maio, Burela acollerá a celebración do 1º Enduro MTB Monte Castelo, proba puntuable para o Open Galego de Enduro. Máis de 130 participantes se darán cita en Burela desde mañá para participar xa nos adestramentos oficiais. O evento foi presentado esta mañá no Concello e no acto estiveron o alcalde, Alfredo Llano, e o concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández Rey, así coma membros da organización, o Club Cerezo Bikes.
Jaime Seijas explicou que “a proba consiste basicamente nunha carreira que se fai de enduro, de bicicletas, na cal veñen facer unha competición por uns circuítos que hai no Monte Castelo, onde temos un total de catro. Os participantes teñen que subir ao Monte Castelo catro veces nuns tempos de enlace que hai, cuns tempos máximos, e as baixadas que son polos circuítos, son tramos cronometrados. O venres e o sábado hai adestramentos oficiais porque ven xente de fora e así poden coñecer os circuítos, para ver exactamente onde hai saltos, cortados ou as zonas máis complicadas”.
Seijas salientou que “máis de 130 persoas participarán este domingo, que para ser o primeiro ano que o facemos tampouco non está mal. Moita xente ven das Rías Baixas, de Vigo e Pontevedra que aí hai máis afección que por aquí, ven xente de Coruña, de Sarria, de Lugo, de Asturias, ven xente de moitos sitios. É de agradecer que a xente se desprace tanto para vir a un evento, que é o primeiro ano que se celebra”.
Sobre cómo xurdiu a idea de organizar este 1º Enduro MTB Monte Castelo indicou que “xa levamos varios anos traballando no asunto, porque somos un grupo de amigos aos que lles gusta esta modalidade de ciclismo. Xa levamos varios anos pensando, pero ata que non empezamos a facer o circuíto non decidimos organizar esta proba. A idea de facelo é para promover un pouco este deporte na Mariña e en especial esa modalidade, que para nosoutros é a favorita. A idea era esa porque ademais no monte levamos moitas horas de traballo e ao longo do ano foi de agradecer que viñera moita xente de fora a ver o traballo que estábamos facendo. Houbo moita xente á que lle gustou, que nos felicitaron”.
Jaime Seijas manifestou que “os circuítos van estar abertos todo o ano e esperemos que durante moitos anos. Agora que están feitos nosoutros imos seguir facendo o mantemento e incluso a idea, agora mesmo hai catro, sería facer un par deles máis para que haxa máis variedade”. Todas aquelas persoas que queiran ver o 1º Enduro MTB Monte Castelo poderán facelo: “a xente se pode achegar porque é unha modalidade bastante espectacular, hai baixadas bastante rápidas e imos poñer sinalización para que a xente que veña como público poida acceder aos puntos máis interesantes que poidan ser máis atractivos para o público. A saída é o vindeiro domingo, 28 de maio, desde a praza da Mariña ás nove e media da mañá que sae o primeiro participante, despois van saíndo cada trinta segundos e dura aproximadamente catro horas. Irán chegando entre ás tres ou catro da tarde os últimos. É digno de vir ver”.
O concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández Rey, asegurou que “para nós é unha satisfacción colaborar coa organización deste tipo de deportes, que traen xente a Burela, polo que supoñen para a práctica destas disciplinas, e tamén porque ata Burela se achegarán moitas persoas de fora da nosa comarca, que durmirán e xantarán aquí, co que iso supón para a nosa hostalaría e para a promoción do noso pobo e dos nosos recursos”.






















Este venres, 14 de agosto ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro "Espiritualidad", unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferences orientacións relixiosas, no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro. Estará presente o autor-coordinador da obra Pepe Peinó.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
