Un dos lugares mais enigmáticos da xeografía vilega foi, en tempos, O Curbeiro. Ubicado ao final da explanada do porto, antes da construcción déste (anos 50), e do recheo da ría, era unha paraxe afastada e inhóspita, á que os rapaces, de vez en cando, acudíamos a “facer a escola”.
Acantilado sobre a marisma, cuberto de abondosa e tépeda vexetación, aniñaban nel aves de rapiña, córvidos e outras especies sinistras, según lendas e crenzas populares. En días de treboada zoaba o vento nos altos eucaliptos, que se bandeaban emitindo uns laios lúgrubes que daban maior sensación fantasmal ao contorno, facendo que polo inverno de 1952 a poboación vivise xornadas de inquedanza e desacougo, ante o feito para o que non se atopaba explicación. Entre lusco e fusco, daquel lugar recóndito saían uns laios, profundos e intermitentes, audibles a distancia, que ninguén identificaba. A inquedanza que o feito producía foi tal que, á noitiña,formábanse auténticas marchas hacia o lugar, barruntándose as mais incribles teorías; e así o vello Chao, un histórico do noso mar, aseguraba que se trataba dunha cobra mais grande que a “Sevilla”, a súa lancha, e as voces mais finas e agudas que saían eran as das crías. Outras opinións circulaban polo ambiente, non faltando quen quixo interpretalo como aviso do Alén: según él tratábase das almas de don Eliseo Martínez e dona Pilar (a parella de grandes benfeitores do pobo) que, purgando as penas na antesala do paradiso, pedían que se aplicaran misas polas súas almas e gañar de contado o descanso eterno. O argumento víase reforzado pola divulgación do mesmo dzende a emisora de radio que construira Leopoldo Carro, “do retratista”; un alarde de imaxinación e sentido do humor.
Nestas se estaba cando tres mozos: Milito, José Ramón de Cheíño e Paco de Marica ármanse de valor e, atados pola cintura,realizan a arriscada aventura de deslizarse polo cantil da costa, no punto mais alto, coñecido por “ a Soalta”, entre as hedras e a maleza que, xenerosamente, cubrían as paredes, e deste xeito descúbrense aos autores da desfeita: un niño de curuxas, fermosas e inofensivas que os intrépidos escaladores se repartiron como botín da aventura Quedou así resolto o enigma do Curbeiro, e volveo a paz ao seu territorio…
As obras de “humanización” que se realizan nas dúas principais rúas de Foz fixeron que un amplo espazo da “beira-ría” se destinara a aparcadoiro, preto do centro do pobo; feito que, sen dúbida, de forma inconsciente, está dando lugar a un erro no nomenclátor do lugar: a moitas/os escoitamos que o devandito servizo atópase no “Curbeiro”; e non é así: o mesmo sitúase onde sempre se chamou “ a Fonte” e aínda “a Fonte de Foz”, lugar onde hai cen anos (1916) establecera o asteleiro Juan María Néciga, do que ó longo de mais de medio século saíron numerosas unidades para distintas flotas do Cantábrico; embarcacións que se distinguían pola beleza das liñas e a esbelta figura sobre as augas do Océano. Aínda no ano 1989 o asteleiro botaba o que naquelas datas era o pesqueiro de madeira mais grande do mundo, con destino á flota de Orio, en Guipúzcoa.
Entre “A Fonte” e O Curbeiro, na desembocadura do río Ouro, foi lugar no que moitas lanchas tiveron o cemiterio ; alí se desintegraron lentamente, en tétrico episodio de destrucción e morte ; algúnhas dignificadas pola arte do pintor madrileño Rafael Renedo, dende hai moitos anos adicto ós veráns de Foz, que os plasmou en singulares obras de arte, espalladas por diversos domicilios locais e foráneos…
Posiblemente a mais anecdótica expresión da vocación dos focegos á carpintería de ribeira, sexa a construcción que dun bote fixo Plácido Val, labrego e mariñeiro, que zoqueaba na cabana pretiño da “fonte de Marzán”. Cando Plácido o trasladaba sobre un carro do país tirado por unha vaca, Xosé Ramón de Boni, versificador de acontecementos locais, quixo inmortalizar o feito, cun poema que comezaba con estes versos: “Suenan las grandes sirenas/ de los nuevos astilleros/ donde se construyen los buques / de los tipos más modernos.”
“O buque do tipo más moderno” era o bote de Plácido que o levaba a recibir o bautismo das augas mariñas na Praia de Llás…


















Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.



