Lugo, 7 de xuño de 2017.- A Consellería de Infraestruturas e Vivenda comprométese a estudar e revisar os proxectos incluídos no plan de transporte público de Galicia para que a veciñanza de Alfoz e Valadouro poidan contar con servizos directos aos institutos e ao Hospital da Costa, ademais de conexións co resto da rede de transporte, reforzando o futuro servizo coa cofinanciación dos respectivos concellos.
Así o explicou esta mañá o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro quen, en todo caso, indicou que o mapa actual do transporte público na comarca non supón ningunha perda de servizo respecto do que se presta na actualidade, xa que nestes dous concellos hoxe carecen destas conexións.
O dirixente territorial sinalou, a maiores, que nos cuestionarios remitidos por ambos Concellos amosaron a disposición de ambas administracións locais a cofinanciar as novas liñas de transporte público, un ofrecemento que valorou positivamente e que fai extensible a outras administracións como a Deputación de Lugo que tamén podería colaborar.
En todo caso, Balseiro lembrou que os novos contratos de transporte están sometidos a información pública, para que cada concello, empresas ou distintos interesados poidan presentar alegacións, achegando as suxestións e propostas de mellora que consideren oportunas, trámite que convidou a empregar.
O delegado territorial concluíu que o novo mapa do transporte público, que se implantará nunha primeira fase este mes de agosto, ofrece innumerables vantaxes para a veciñanza da comarca da Mariña, xa que logo multiplica por seis o número de paradas con respecto ao modelo actual e multiplica os servizos grazas á integración das liñas de transporte escolar ou o modelo de solicitude á demanda.
























O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web 



