Burela 8-6-17. O ala Sergio Cora Piñón (Viveiro, 1997) será xogador do Pescados Rubén Burela FS as próximas dúas tempadas. Na súa presentación oficial, xunto ao mozo mariñán estiveron o presidente, Manuel Blanco Fanego, e o directivo Antonio Rodenas, que salientaron a “proxección dun xogador que leva anos medrando xunto a nós, na base, e que o ano pasado xa deu un salto cualitativo compartindo responsabilidades entre o filial, Onde Sempre Xove FS, e o equipo de Primeira División”.
“Juanma sempre me apoiou moito, xa me comentou algunha vez que tiña calidades e estaba capacitado para xogar en Burela. Pola miña parte estou encantado por esta nova posibilidade que se me brinda. Gústame o fútbol sala e gústame xogar, por iso as negociacións foron doadas” explicaba Sergio Cora irradiando entusiasmo a mares por esta nova porta que se abre na súa gran paixón polo deporte: “Afronto esta nova etapa con moita ilusión, con moitas ganas de levar este equipo a onde se merece, que é Primeira División. Espero gañarme o posto, loitando e sacrificándome polo club e dar sempre o máximo” adiantaba o viveirense incidindo na súa boa relación co cadro burelista: “Teño moi bo trato cos compañeiros, sobre todo con Renato e Hélder, e iso dáme confianza para esta nova etapa”, concluía Sergio.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
