Lugo, 8 de xuño de 2017. O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, inaugurou este xoves a mostra Maruja Mallo, Vinte Almas, que estará exposta ata o 3 de setembro na Sala de Exposicións do Museo Provincial de Lugo. Fíxoo acompañado de compañeiros do Goberno Provincial; a Concelleira de Cultura, Carmen Basadre Vázquez; e o Comisario da mostra, Eduardo Valiña. Esta exposición forma parte da programación de actividades que o Executivo da Deputación ofrece con motivo de que a Real Academia Galega de Belas Artes decidiu homenaxear polo Día das Artes Galegas, á artista lucense Maruja Mallo. A exposición conta coa colaboración da Fundación Eugenio Granell, a Fundación Abanca, Afundación, a Fundación Luís Seoane, ademais de particulares entre os que destaca a colección de Vázquez Cereijo-Anne Nikkitik.
Campos Conde subliñou que “hoxe é un día de celebración para todos nós pois saldamos unha débeda histórica cunha das artistas máis importantes que viu nacer a nosa provincia. Maruja Mallo foi pioneira nunha forma de entender a vida e o arte e un modelo a seguir. Iniciadora do movemento das “sen sombreiro”, un grupo de mozas intelectuais que escandalizaron á sociedade por atreverse a saír á rúa sen esa prenda. Un exemplo de valentía, liberdade e defensa dos dereitos das mulleres, nun mundo de homes e nunha época de prohibicións e represión.”
A mostra conta cun total de 55 cadros, dos que 25 son pinturas de Maruja Mallo de distintas etapas ao longo da súa traxectoria artística, destacando as obras relacionadas cas máscaras, a auga e as arquitecturas minerais. A exposición acolle obras de artistas que foron claves na vida e na produción da lucense como Pablo Picasso, Joan Miró, de compañeiros da Escola de Vallecas como Benjamín Palencia e Alberto Sánchez, así como artistas exiliados galegos como Eugenio Granell e Luís Seoane.
Maruja Mallo, Vinte Almas está composta por ilustracións, cartas, catálogos de exposicións ou escritos, entre os que destaca o acta da bolsa que lle concedeu a Deputación entre 1926 e 1929, ademais de fotografías como o negativo orixinal de Maruja Mallo co poeta chileno Pablo Neruda que axudan a entender un pouco mellor a vida e obra da lucense. Na exposición tamén recupérase unha entrevista de televisión que lle fixo Joaquín Soler Serrano para o programa A fondo na que fala das súas experiencias e vivencias.
A exposición compleméntase coa achega de catro proxectos de artistas contemporáneos, todos eles nados en Viveiro. Son Montse Rego, Renata Otero, David Catá e Félix Fernández coa su interpretación sonora-musical “20 cancións para Maruja Mallo”.
Obras de artistas internacionais
Neste senso, a exposición articúlase a través de obras dos artistas coetáneos a Maruja Mallo, como Alberto Sánchez (Mujer Castellana, 1975) ou Benjamín Palencia (sen título, 1935) que compartiron experiencias e unha profunda amizade. Inclúese tamén un retrato realizado en 1941 por Vlady Serge de André Breton. Por outra parte, a mostra conta con pezas de José Caballero como Las dos hermanas; Téte de Faune de 1962 de Pablo Picasso; Dos personajes de Antonio Rodríguez Luna; sen título de Juan Ismael e a obra de Composición de Joan Miró.
Guía Postal de Lugo
A Rede Museística Provincial de Lugo custodia na actualidade 7 cadros da pintora lucense, todos eles expostos na mostra, dos cales 5 pertencen á etapa de bolseira da Deputación e os outros 2, Arquitectura mineral e Agol, foron adquiridos no 2000. Entre todas estas pinturas destaca Guía Postal de Lugo. Este cadro pintado por Maruja Mallo, foi realizado en 1929 por encargo da Deputación de Lugo para ilustrar as páxinas do libro Lugo y su provincia (Libro de Ouro). Nesta pintura a artista ofrece a súa visión de Lugo a través dun collage de diversos lugares da provincia, a modo de postais superpostas. Mestura modernidade e tradición, co seu propio imaxinario, dando lugar a unha obra moi rica en significados e matices, onde o real fúndese co irreal.
Máis actividades
O Goberno da Deputación organizou durante o mes de abril a Semana Escolar con Maruja Mallo, para divulgar entre o alumnado de educación secundaria da provincia de Lugo coñecementos sobre a vida e obra da pintora. O organismo provincial editou un libro-manual e co apoio dos docentes, máis de 9.000 alumnos realizaron diferentes actividades enmarcadas no ámbito da educación plástica e visual, a lingua e literatura, as ciencias sociais, xeografía e historia, así como a música.
Maruja Mallo
Maruja Mallo naceu en Viveiro, en 1902, co nome de Ana María Gómez González e no seo dunha familia de boa posición. Xa moza, trasladouse a Madrid, onde mantivo relación con artistas como Margarita Manso, María Zambrano e Rafael Alberti. Durante a década de 1920 traballou para numerosas publicacións literarias e realizou portadas de varios libros, así como exposicións. En 1932 viaxou a París, onde entrou en contacto co surrealismo (coñeceu a Max Ernst, René Magritte, Joan Miró ou Giorgio de Chirico, entre outros), e participou en parladoiros con André Breton e Paul Éluard. Dende ese momento a súa pintura cambia radicalmente, influenciada polo surrealismo.
En 1937, debido á Guerra Civil que se estaba vivindo en España, viaxa a América, onde pasará o seu exilio en Arxentina e Estados Unidos. Regresou a España en 1962, onde realizou varias exposicións. En 1982 recibe a Medalla de ouro das Belas Artes, concedida polo Ministerio de Cultura. Finou en Madrid en 1995, a idade de 93 anos.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



