XOVE .- Participaron os 37 inscritos, 22 na Liga Senior, 6 na Liga Sub 18 e 9 na Liga Feminina. Rematada a primeira volta, salientar a alta participación nas tiradas, debido fundamentalmente á aportación feminina, coa celebración da competición de féminas por primeira vez na historia do campionato.
Liga Senior.- Victoria de José Manuel Cociña, o que lle permite situarse na quinta posición con 39 puntos. O líder ata este momento, Ginés Rodríguez, pedeu esa condición debido a que non puntuou nesta última tirada do ano, e os fallos páganse, dado que é única tirada, das nove celebradas, na que non puntuou. O segundo posto de José Rafael González e os 10 puntos obtidos permítenlle acadar o liderato por primeira vez este ano, e comando con 70 puntos, un máis que Ginés. José Rafael González e César Cancelos (terceiro con 56 puntos) son os únicos xogadores que puntuaron en tódalas tiradas. Polo tanto, como conclusión rematada a primeira volta, decir que temos unha clasificación escalonada pero bastante apretada, con dous gallitos pelexando pola primeira posición, e un grupo de xogadores (César Cancelos, Moisés Rodríguez, José Manuel Cociña, etc.) litando polo terceiro posto. Un total de 26 xogadores distintos lograron puntuar ata o momento, síntoma da gran igualdade exisitente no campionato.
Liga Sub 18.- Extraordinario concurso do líder Jose Vigo, que con 168 tantos acadou a victoria e a mellor bolada, o que lle supón distanciarse dos seus perseguidores, liderando comodamente con 43 puntos, o que lle permite comezar a segunda volta con bastante tranquilidade. Decir tamén, e dahí o calificativo de extraordinario, que os 168 tantos acadados por Jose Vigo permitiríanlle compartir a victoria na categoría senior nesta tirada. Para segunda e terceira posición temos catro xogadores nun pano, prácticamente cos mesmos puntos, dahí que a loita entre eles para segunda volta prevése que sexa dura.
Liga Feminina.- Carmen Roca suma unha nova victoria, a 5ª nesta temporada, o que lle permite liderar con 39 puntos, seguida de Dolores Baño con 34; ámbalas dúas están liderando comodamente o campionato, e o seu nivel está claramente por riba das súas compañeiras, poloa que na segunda volta, se non hai ningún cambio extraordinario, Carmen e Dolores vanse disputar o trunfo final. Para o terceiro posto temos a MartaÁlvarez con 19 puntos, Salomé Bermúdez con 14, concepción Piñeiro con 9, etc. Un total de 13 mulleres distintas lograron puntuar nesta primeira Liga, o que nos satisface plenamente, e demóstranos o acerto de poñer en marcha esta Liga.
A Vindeira tirada, e primeira da segunda volta, vai ter lugar no CENTRO SOCIAL DE LAGO O SÁBADO, 9 DE XANEIRO DE 2010 ÁS 15:30 HORAS.
| CAMPEONATO DE BOLOS DE CENTRO SOCIAL DE SUMOAS (5 DECEMBRO 2009) ==== 37 INSCRITOS: 22 NA LIGA SENIOR, 6 NA LIGA SUB 18 E 9 NA LIGA FEMININA | |||
| CLASIFICACION | NOME | TANTOS | PUNTOS |
| LIGA SENIOR | |||
| PRIMEIRO | JOSÉ MANUEL COCIÑA RIVERA | 168 | 12 |
| SEGUNDO | JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ | 166 | 10 |
| TERCEIRO | JOSÉ ANTONIO RODRÍGUEZ GALDO | 152 | 8 |
| CUARTO | MOISÉS RODRÍGUEZ CASABELLA | 152 | 7 |
| QUINTO | LUIS RANCAÑO BOUSO | 141 | 6 |
| SEXTO | FÉLIX MÉNDEZ GALDO | 136 | 5 |
| SÉTIMO | C. JAVIER RODRÍGUEZ CASABELLA | 130 | 4 |
| OITAVO | RAMÓN FRANCO BERMÚDEZ | 126 | 3 |
| NOVENO | CÉSAR CANCELOS LÓPEZ | 125 | 2 |
| DÉCIMO | ARTURO RODRÍGUEZ ÁLVAREZ | 122 | 1 |
| MELLOR BOLADA | JOSÉ MANUEL COCIÑA RIVERA | 75 | 1 |
| LIGA SUB 18 | |||
| PRMEIRO | JOSE VIGO LAGE | 168 | 6 |
| SEGUNDO | ANDRÉS RODRÍGUEZ RAMOS | 102 | 4 |
| TERCEIRO | CRISTIAN RODRÍGUEZ BAÑO | 86 | 3 |
| CUARTO | ÓSCAR PÉREZ MEITÍN | 50 | 2 |
| QUINTO | ALEX MEITÍN SERANTES | 44 | 1 |
| MELLOR BOLADA | JOSE VIGO LAGE | 62 | 1 |
| LIGA FEMININA | |||
| PRMEIRO | CARMEN ROCA CORRAL | 103 | 6 |
| SEGUNDO | DOLORES BAÑO FRAGA | 51 | 4 |
| TERCEIRO | CONCEPCIÓN PIÑEIRO LÓPEZ | 46 | 3 |
| CUARTO | BELÉN GAVÍN SEOANE | 40 | 2 |
| QUINTO | DOLORES PÉREZ MIGA | 30 | 1 |


















A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.



